Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 19:9 - Biblia SEPT

9 O Señor díxolle a Moisés: —"Voume acercar a ti na mesta nube, para que o pobo oia como falo contigo e para que en diante crea en ti". Moisés levoulle ó Señor a resposta do pobo.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 19:9
25 Iomraidhean Croise  

Entón dixo Salomón: —"O Señor que puxo o sol no ceo, quixo habitar na escuridade.


De madrugada puxéronse en marcha cara ó deserto de Tecoa. Cando saían, Ioxafat detívose e dixo: —"Xudeus e habitantes de Xerusalén, escoitádeme: confiade no Señor, voso Deus, e subsistiredes; confiade nos seus profetas, e venceredes".


Entón Salomón dixo: —"O Señor quere habitar nunha densa nube;


Rodéano nubes e néboa, xustiza e rectitude sosteñen o seu trono.


Deus faloulles desde a nube, e eles gardaron as revelacións, os preceptos que lles deu.


Israel recoñeceu con que man poderosa o Señor tratara ós exipcios. O pobo temeu ó Señor e creu nel e no seu servo Moisés.


O amañecer do terceiro día houbo trebóns e lóstregos, e unha nube mesta cubría a montaña. A trompeta soou moi forte e o pobo no campamento arrepiaba co medo.


O pobo quedou lonxe, e Moisés aproximouse á nube mesta, onde estaba Deus.


O Señor baixou na nube e parou alí con el. Moisés pronunciou o nome do Señor.


O pobo creu. E en oíndo que o Señor visitaba ós israelitas e coidaba deles na opresión, axeonlláronse e adorárono.


—"Isto é para que crean que se che apareceu o Señor, o Deus de teus pais, Deus de Abraham, de Isaac e de Xacob".


Oráculo contra Exipto. Velaí o Señor montado nunha nube lixeira; vai a Exipto, tremen os seus deuses por mor da súa presenza, o corazón de Exipto derrétese nos seus adentros.


A capital de Efraím é Samaría, e a cabeza de Samaría é o fillo de Remalías. Vós non credes. Pois non subsistiredes!"


e, descendendo o Señor na columna de nube, parou á entrada da Tenda e chamou a Aharón e María. Saíron ámbolos dous


E aínda estaba falando cando apareceu unha nube luminosa que os cubriu; e unha voz saíndo da nube dixo: Este é o meu Fillo benquerido, o meu predilecto: escoitádeo.


E unha nube cubriunos coa súa sombra, mentres saía dela unha voz: Este é o meu fillo benquerido, escoitádeo.


Quen vos escoita a vós, escóitame a min, e quen vos rexeita a vós, rexéitame a min; pero o que me rexeita a min, rexeita a quen me mandou.


O día que estiveches no Horeb na presenza do Señor, o teu Deus, o Señor díxome: Xúntame en asemblea a este pobo, e fai que escoite as miñas palabras, para que aprendan a respectarme todos os días que vivan nesa terra e para que llelas aprendan a seus fillos.


Desde o ceo fíxoche escoitar a súa voz para instruírte, e sobre a terra fíxoche ver a súa gran luminaria para que escoitases as palabras que saían do medio do lume,


Velaquí vén nas nubes, e todo ollo o verá, mesmo aqueles que o traspasaron: por el baterán no peito todas as razas da terra. Certo. Amén.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan