Porque ti, Señor, escollíchelos a eles por teu herdo, entre todos os pobos da terra, segundo prometeras polo teu servo Moisés, cando sacaches de Exipto ós nosos pais".
Díxolles: —"Se obedecedes ó Señor, o voso Deus, se facedes o que é debido, se cumprides os seus mandamentos e gardades as súas leis, non botarei sobre vós as pragas que botei sobre os exipcios, pois eu son o Señor que cura".
Porque ti fuches ben querido ós meus ollos; fuches glorificado, o meu predilecto; e por isto, farei que a humanidade expíe no teu lugar; e que os pobos paguen pola túa vida.
Así como a faixa cingue os cadrís, así quixen eu cinguirme de Israel e coa casa toda de Xudá, de xeito que fose o meu pobo, o meu renome, a causa da miña loanza e da miña gloria; pero non me fixeron caso.
Israel era a propiedade escollida de Deus, primicia da súa colleita; sempre que calquera se atreva a comela, pagarao, viralle enriba unha calamidade —é o Señor quen fala—.
senón que foi este o precepto que lles impuxen: "Escoitade a miña voz: Eu serei o voso Deus, e vós seredes o meu pobo; camiñade polo vieiro que vos mando, para que vos vaia ben".
Xa volo teño dito: vós seredes donos da súa terra; eu mesmo vola vou dar en posesión: unha terra que deita leite e mel. Eu son o Señor, o voso Deus, que vos separei dos demais pobos.
pero non entrará alén do veo nin se achegará ó altar, porque ten unha eiva, e non debe profanar o meu santuario, pois eu son o Señor, que os santifico".
Subleváronse contra Moisés e contra Aharón, e dixéronlles: —"Xa é abondo! Toda a comunidade é santa, todos eles o son, e no medio deles está o Señor. Por que vos elevades vós sobre a comunidade do Señor?"
Rógovos, logo, irmáns, pola misericordia de Deus, que ofrezades os vosos corpos coma sacrificio vivo, santo, grato a Deus: coma o voso culto espiritual.
Non podedes comer ningún animal que morreu: darasllo ao emigrante que está dentro das portas da túa cidade e comerao, ou se non, véndello ao estranxeiro, xa que ti es un pobo consagrado ao Señor, o teu Deus. Non cocerás o cabrito no leite da súa nai.
e que El te convertería en gloria, en renome e en esplendor no máis grande de todos os pobos que El creou e que serías o pobo consagrado ao Señor, o teu Deus tal como cho dixo".
Porque ti es un pobo consagrado ao Señor, o teu Deus. O Señor, o teu Deus, escolleute para seres o pobo da súa persoal propiedade entre todos os pobos que viven sobre a superficie da terra.
sede tamén vós, coma pedras vivas, parte da construción do templo espiritual: para os cultos dun sacerdocio santo e para ofrecer ofrendas espirituais, aceptables a Deus por medio de Xesús Cristo.
Pero, en cambio, vós sodes raza escollida, sacerdocio de reis, nación santa, pobo adquirido por Deus, para pregoardes as marabillas daquel que vos chamou das tebras á súa luz admirable.
Benaventurado e santo o que participa nesta primeira resurrección! Sobre eles non ten poder a morte segunda: serán sacerdotes de Deus e de Cristo e reinarán con El mil anos.