Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 19:4 - Biblia SEPT

4 —"Vistes como tratei ós exipcios, como vos levantei a vós sobre ás de aguia e vos acheguei a min.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 19:4
15 Iomraidhean Croise  

pero ós que teñen esperanza no Señor renóvanselles as forzas, soben con ás de aguia: corren, e non se fatigan; camiñan, e non cansan.


en calquera angustia. Non houbo mensaxeiro nin enviado: a súa presenza salvounos: polo seu amor e a súa compaixón redimiunos, si, levantounos e levounos enriba de si en todas as épocas pasadas.


Cando Israel era escravo, eu ameino, e de Exipto chamei ós seus fillos.


Chegou a promesa que pactei convosco cando saïades de Exipto, o meu espírito mantense firme no medio de vós: non teñades medo.


Non temos todos nós un único Rei? Non vos criou a todos o único Deus? Por que traizoamos cada un ó seu irmán, violando a alianza de nosos pais?


O Señor, o voso Deus, será quen irá diante de vós; El pelexará no voso favor tal como fixo, diante dos vosos ollos, en Exipto.


E polo deserto viches como o Señor, o teu Deus, te trouxo no colo, coma un home trae ao seu fillo, por todo o camiño que percorrestes ata chegardes a este lugar.


Moisés convocou a todo Israel e díxolles: —"Vós xa vistes todo o que o Señor lles fixo á vosa vista no país de Exipto ao faraón, a todos os seus servos e a todo o seu país:


As grandes probas que viron os vosos ollos, os prodixios e os sinais grandes aqueles.


Pero ti ten moito coidado de ti, ten coidado coa túa vida, de non esqueceres cousas que viron os teus ollos e de que non se che aparten do teu corazón todos os días da túa vida. Cóntallelas a teus fillos e a teus netos.


Vós ben vistes todo o que fixo o Señor, o voso Deus, a todos aqueles pobos xentís de diante de vós, porque o Señor, o voso Deus, loitaba da vosa parte.


Pero Deus deulle á muller as dúas ás da gran aguia, para que fose voando ata o deserto, o seu lugar; e dáselle a mantenza alí, lonxe da presenza da serpe durante un tempo, dous tempos e medio tempo.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan