Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 19:3 - Biblia SEPT

3 Moisés subiu ó encontro de Deus, e o Señor chamouno desde a montaña, para mandarlle dicir ós descendentes de Xacob, comunicarlles ós israelitas:

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 19:3
12 Iomraidhean Croise  

O Señor baixou sobre o monte Sinaí, ó seu cume, e chamou por Moisés, para que subise onda El. E Moisés subiu.


O pobo quedou lonxe, e Moisés aproximouse á nube mesta, onde estaba Deus.


O Señor díxolle a Moisés: —"Sube á montaña e queda onda min. Dareiche as táboas de pedra coa lei e cos mandamentos que escribín, para que llos ensines ó pobo".


Moisés foi, co seu axudante Xosué, e subiu ó monte de Deus.


Respondeulle Deus: —"Eu estarei contigo. E este será o sinal de que eu te mando: Cando saques o pobo de Exipto, adoraredes a Deus nesta montaña".


En vendo o Señor que Moisés se achegaba para ver, chamouno desde a silveira: —"Moisés! Moisés!" El respondeu: —"Aquí estou".


Disponte para mañá. Sube cedo ó monte Sinaí e agárdame alí, no cume da montaña.


Moisés labrou dúas táboas de pedra, o mesmo cás primeiras. Ergueuse cedo e rubiu ó monte Sinaí, conforme lle mandara o Señor, levando consigo as dúas táboas de pedra.


Chamou o Señor a Moisés desde a Tenda do Encontro e díxolle:


Foi el quen na asemblea do deserto estivo coma mediador entre o anxo que lle falaba no monte Sinaí e os nosos pais; el foi quen recibiu palabras de vida para nolas transmitir.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan