Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 19:10 - Biblia SEPT

10 O Señor díxolle a Moisés: —"Volve onda o pobo. Purificádevos hoxe e mañá, que laven a roupa

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 19:10
24 Iomraidhean Croise  

Xacob mandoulles á súa familia e á toda a súa xente: —"Retirade os deuses alleos que teñades, purificádevos e mudádevos de roupa.


E o rei dixolle a Ximí: —"Non morrerás". E o rei xuroullo.


Como os sacerdotes eran poucos e non daban feito para degolar tantas vítimas, axudáronos seus irmáns os levitas, ata que terminaron a tarefa e se purificaron os sacerdotes (porque os levitas se mostraron máis dispostos a purificarse cós sacerdotes).


e díxolles: —"Escoitádeme, levitas: purificádevos e purificade o templo do Señor, Deus de vosos pais. Sacade do santuario a impureza,


O remate deses días de festa facíaos vir Xob para purificalos; erguíase de mañá e ofrendaba holocaustos por todos eles, pois dicía para si: —"E quen sabe se non terán pecado estes meus fillos, renegando de Deus nas súas conciencias?" E deste xeito obraba sempre.


Aquel que leve ó lombo o cadáver dalgún deles, terá que lavar o seu vestido, e quedará impuro ata a tarde.


Calquera que toque o seu leito, terá que lavar a súa roupa, e bañarase, quedando impuro ata a tarde.


E ó pobo diraslle: Santificádevos para mañá, pois comeredes carne, xa que chorastes ós oídos do Señor, dicindo: Quen nos dará carne para comermos? Nós estabamos ben no Exipto! O Señor daravos carne para que comades.


O home puro asperxerá o inmundo no terceiro dia e no día sétimo; no sétimo día darao purificado, e entón lavará os seus vestidos e bañarase en auga, e á tarde quedará puro.


todo o que resiste o lume, farédelo pasar polo lume e será puro; non obstante, terá de ser purificado coa auga lustral. E todo o que non resiste o lume, pasarédelo pola auga.


O día sétimo lavaredes os vosos vestidos, e seredes puros; e despois poderedes entrar no campamento".


Os levitas purificáronse e lavaron os seus vestidos. Aharón fixo o xesto de ofrecelos na presenza do Señor, e logo fixo expiación por eles, para os purificar.


Para os purificar, farás deste xeito: asperxeralos con auga de expiación; logo pasarán a navalla por todo o seu corpo, lavarán os seus vestidos: así quedarán purificados.


E iso erades algúns de vós. Pero xa vos lavastes, xa vos consagraron e xa quedastes xustificados no nome do Señor Xesús Cristo e no Espírito do noso Deus.


manteñámonos con criterios sans na súa presenza con plenitude de fe. Xa que estamos limpos por dentro de toda consciencia de pecado e xa que estamos lavados por fóra con auga limpa,


E dixo Xosué ó pobo: —"Purificádevos, pois mañá fará o Señor marabillas no medio de vós".


Ti érguete, purifica o pobo, e dilles: Mantédevos puros para mañá, pois así di o Señor, Deus de Israel: Non poderás estar rexo fronte ós teus inimigos, ata que non fagades desaparecer o consagrado do medio de vós.


Benia os que teñen lavada a súa roupa, para teren dereito á árbore da vida e a entraren polas portas da cidade.


Eu respondinlle: "Meu Señor, ti xa o sabes". E díxome: "Estes son os que veñen de pasar as súas grandes penas; lavaron os seus vestidos e branqueáronos co sangue do Año.


El respondeulles: —"Para ben. Veño ofrecer un sacrificio ó Señor. Purificádevos e vide comigo ó sacrificio". Logo fixo que se purificasen Ixaí e os seus fillos e convidounos ó sacrificio.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan