Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 18:8 - Biblia SEPT

8 Moisés contoulle ó seu sogro o que Deus fixera co faraón e cos exipcios por mor de Israel, e as coitas que tiveran na viaxe e como o Señor os librara delas.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 18:8
23 Iomraidhean Croise  

Como podería eu volver onda meu pai, sen levar o rapaz comigo? Que eu non vexa a meu pai en tan grande aflición!"


E agora, Deus noso, Deus grande, poderoso e terrible, que gardas a alianza e a fidelidade, non teñas en pouco as aflicións que nos alcanzaron a nós, ós nosos reis, ós nosos príncipes, ós nosos sacerdotes e a todo o pobo, desde o tempo dos reis de Asiria ata hoxe.


librounos da man dos adversarios, rescatounos dos inimigos.


Por mor do seu nome Deus salvounos, para mostrar o seu poder.


Dígano os redimidos do Señor, os que El redimiu da man dos opresores


Vide os que temedes o Señor, e contareivos o que El fixo por min.


Escoitei a fala dun descoñecido, tireille a carga do lombo, as súas mans deixaron as cestas.


Caeu enriba deles un medo tremente, o poder do teu brazo deixounos coma de pedra, namentres pasaba o teu pobo, Señor, namentres pasaba o pobo que adquiriches.


A túa destra, Señor, distínguese pola forza, a túa destra, Señor, tronza ós inimigos.


Dicían: —"Sequera morrésemos pola man do Señor na terra de Exipto, sentados ó redor dos potes de carne e con pan a fartar! Trouxéstesnos a este deserto, para matar de fame a toda esta comunidade".


Ietró, sacerdote de Madián, sogro de Moisés, soubo o que Deus fixera con Moisés e co seu pobo Israel, ó sacalos de Exipto.


fixouse nos israelitas, recoñeceu os seus sufrimentos.


O meu anxo irá diante de ti e levarate á terra dos amorreos, dos hititas, dos perizitas, dos cananeos, dos hivitas e dos iebuseos, que eu destruirei.


E eu dígoche: Deixa saír a meu fillo, para que veña darme culto. Se te negas a deixalo, eu matarei o teu fillo primoxénito".


O non darvos creto o faraón, eu porei sobre Exipto a miña man e sacarei as multitudes do pobo de Israel daquela terra con fortes escarmentos.


Os exipcios aprenderán que eu son Iavé, cando alongue a miña man contra o Exipto e saque de alí os israelitas".


Desde Cadex Moisés enviou embaixadores ó rei de Edom: —"Isto fala o teu irmán Israel: Ti ben coñeces todos os traballos que pasamos,


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan