Os dous anxos chegaron pola tarde a Sodoma. Estaba Lot sentado á porta da cidade e, en véndoos, ergueuse para ir ó seu encontro, e saudounos, prostrándose por terra.
Cando Labán oíu as novas de Xacob, fillo de súa irmá, correu ó seu encontro, abrazouno, bicouno e levouno á casa. Xacob contoulle a Labán todo o que lle acontecera.
Batxeba foi onda o rei Salomón, para falarlle de Adonías. O rei saíu ó seu encontro e saudouna cunha inclinación. Despois sentou no trono e mandou pór alí outro trono, para que a nai do rei sentara á súa dereita.
Moisés levantou a Tenda e plantouna lonxe, fóra do campamento; e chamouna Tenda do Encontro. O que quería visitar o Señor, saía do campamento e ía fóra del, á Tenda do Encontro.
E chegaba Iefté a Mispah, á súa casa, cando súa filla saíu ó seu encontro con pandeiros e con danzas (e era ela a única filla, pois non tiña el máis fillos nin fillas).