5 Ietró, sogro de Moisés, foi cos fillos e coa muller ó encontro do seu xenro, no deserto, onde acampaba Moisés na montaña de Deus.
Ergueuse Elías, comeu e bebeu e, coa forza daquel sustento, andou corenta días coas súas noites, ata o monte de Deus, o Horeb.
Mandoulle dicir a Moisés: —"Eu son o teu sogro Ietró, que te veño ver coa túa muller e cos teus fillos".
e que estean preparados para de aquí a tres días, pois no terceiro día baixará o Señor sobre o monte Sinaí, á vista de todo o pobo.
Procedentes de Refidim, chegaron ó deserto do Sinaí e acamparon alí, ó pé do monte.
O Señor baixou sobre o monte Sinaí, ó seu cume, e chamou por Moisés, para que subise onda El. E Moisés subiu.
Moisés foi, co seu axudante Xosué, e subiu ó monte de Deus.
Moisés pastaba os rabaños de seu sogro Ietró, sacerdote de Madián. Levaba polo deserto os rabaños, e unha vez chegou ata a montaña de Deus, o Horeb.
Respondeulle Deus: —"Eu estarei contigo. E este será o sinal de que eu te mando: Cando saques o pobo de Exipto, adoraredes a Deus nesta montaña".
O Señor díxolle a Aharón: —"Diríxete ó deserto, ó encontro de Moisés". El foi, encontrouse con el na montaña de Deus e bicouno.