Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 18:12 - Biblia SEPT

12 Despois Ietró, sogro de Moisés, ofreceu a Deus sacrificios e holocaustos. Aharón e todos os anciáns de Israel viñeron e comeron con el na presenza de Deus.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 18:12
31 Iomraidhean Croise  

O Señor aparecéuselle a Abram para dicirlle: —"Os teus descendentes dareilles esta terra". Abram erixiu alí mesmo un altar ó Señor que se lle aparecera.


Isaac construíu alí un altar e invocou o nome do Señor. Montou a súa tenda, e os seus criados abriron un pozo alí mesmo.


Isaac preparoulles un xantar, e comeron e beberon.


Xacob ofreceu un sacrificio e pasaron a noite na montaña.


O Señor miraba con bos ollos para Abel e para a súa ofrenda,


Eles dispuxeron os regalos para cando chegase Xosé, ó mediodía, pois oíran que xantarían alí con el.


Noé construíulle un altar ó Señor, colleu gandos puros e aves puras e ofreceunos en sacrificio no altar.


David díxolle: —"Non teñas medo. Quero favorecerte, por mor do teu pai Ionatán. Devolvereiche todas as terras do teu avó Xaúl e ti comerás sempre á miña mesa".


Ezequías felicitou ós levitas polas súas boas disposicións co Señor. Pasaron os sete días de festa ofrecendo sacrificios de comuñón e confesando ó Señor, Deus de seus pais.


O remate deses días de festa facíaos vir Xob para purificalos; erguíase de mañá e ofrendaba holocaustos por todos eles, pois dicía para si: —"E quen sabe se non terán pecado estes meus fillos, renegando de Deus nas súas conciencias?" E deste xeito obraba sempre.


Chegaron daquela todos os seus irmáns e as súas irmás e todos cantos o coñeceran antes, e comeron con el do pan da casa e déronlle o pésame, consolárono por todas as mágoas que Iavé lle impuxera, e déronlle cadansúa cantidade de diñeiro e aneis de ouro.


Collede logo sete vacas e sete carneiros e ide onda o meu servo Xob, para que os ofreza por vós en holocausto; e que o meu servo Xob pregue por vós, para que eu vos sexa propicio e non faga convosco un escarmento, porque non falastes de min o que era debido coma fixo o meu servo Xob.


O día seguinte sentouse Moisés para xulgar as contendas do pobo. A xente acudía onda Moisés desde a mañá á noite.


chegaron sete fillas que tiña o sacerdote de Madián, para sacaren auga e con ela encher os píos e abeberar o rabaño de seu pai.


El preguntoulles: —"E onde está? Como deixastes que se fose? Chamádeo para comer".


Faime un altar de terra e ofréceme sobre el os holocaustos e os sacrificios de comuñón, as túas ovellas e as túas vacas. En calquera sitio onde eu faga o meu nome memorable, virei onda ti e bendicireite.


Deus non alongou a man contra os escolleitos de Israel, que puideron ver a Deus. Despois comeron e beberon.


Despois mandou a algúns mozos israelitas que ofrecesen holocaustos e sacrificios de comuñón ó Señor.


Moisés pastaba os rabaños de seu sogro Ietró, sacerdote de Madián. Levaba polo deserto os rabaños, e unha vez chegou ata a montaña de Deus, o Horeb.


Moisés levantou a Tenda e plantouna lonxe, fóra do campamento; e chamouna Tenda do Encontro. O que quería visitar o Señor, saía do campamento e ía fóra del, á Tenda do Encontro.


Moisés díxolle a Hobab, fillo de Reuel, madianita, sogro de Moisés: —"Nós partimos para o lugar, do que nos dixo o Señor: Héivolo dar a vós. Ven connosco e habémoste de tratar ben, pois o Señor prometeu o ben a Israel".


Un sábado ía el comer, á casa dun xefe dos fariseos; e eles vixiábano.


Despois de escoitar todo isto, díxolle un dos convidados: Ditoso o que coma pan no banquete do Reino de Deus.


Ollade para o Israel histórico: os que comen as vítimas non están en comuñón co altar?


Non podedes beber a copa do Señor e a copa dos demos. Non podedes participar na mesa do Señor e na mesa dos demos.


Ollade: tanto que comades, como que bebades, coma calquera cousa que fagades, facédeo todo para gloria de Deus.


Alí habedes de comer na presenza do Señor, o voso Deus, e debedes festexar, vós e a xente das vosas casas, en todas as vosas empresas, unha vez que o Señor, o voso Deus, te bendiga.


Sacrificarás sobre el o sacrificio de comuñón e ti comerás alí e alegraraste na presenza do Señor, o teu Deus.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan