—"Bendito sexa o Señor, Deus do meu amo Abraham, que non lle negou ó meu amo o seu amor e a súa fidelidade. El foi quen me guiou no meu camiño, ata a casa dos seus parentes".
Entón Ahimaas berroulle ó rei: —"Paz". E saudouno prostrándose polo chan. E dixo: —"Bendito sexa o Señor, teu Deus, que che entregou os homes que ergueron a man contra o rei, meu señor".
—"Bendito sexa o Señor, que deu acougo ó seu pobo Israel, conforme as súas promesas. Non fallou unha soa palabra de todo o que prometera polo seu servo Moisés.
Loado sexa o Deus e Pai do noso Señor Xesús Cristo! Que pola súa grande compaixón, resucitou a Xesús Cristo da morte e nos fixo renacer a unha vida que se nos dá en esperanza,
Mandoulles dicir ós quenitas: —"Arredádevos de onda os amalecitas, para non arrasarvos canda eles, pois vosoutros tivestes dó dos israelitas, cando estes subían de Exipto". E os quenitas arredáronse de xunto os amalecitas.