Moisés volveu para a casa de seu sogro Ietró e díxolle: —"Quero volver a Exipto, onde están meus irmáns, para ver se aínda viven". Respondeulle Ietró: —"Vai en paz".
Dilles, pois, ós israelitas: Eu, Iavé, tirareivos de debaixo da carga que vos impoñen os exipcios, sacareivos da súa servidume, librareivos con brazo estendido e con grandes escarmentos.
Isto será para min un alegre renome, un motivo de loanza e de gloria ante todos os pobos da terra, que oian todo o ben que eu lles fixen a Xudá e a Israel; os pobos saltarán e brincarán de ledicia por todo o ben e toda a paz que eu lles fixen.
Así fala o Señor dos Exércitos: "Nos días aqueles collerán dez homes de todas as linguas das nacións, si, collerán a un xudeu pola beira do manto dicíndolle: Queremos ir canda vós, porque oímos que Deus está convosco".
Moisés díxolle a Hobab, fillo de Reuel, madianita, sogro de Moisés: —"Nós partimos para o lugar, do que nos dixo o Señor: Héivolo dar a vós. Ven connosco e habémoste de tratar ben, pois o Señor prometeu o ben a Israel".
Toda a asemblea ficou en silencio e escoitaban como Bernabé e Paulo contaban todos os sinais e prodixios realizados por Deus entre os pagáns por medio deles.
pois temos oído que o Señor secou o Mar Rubio diante de vós, cando saístes de Exipto; e tamén o que fixestes cos dous reis amorreos da outra banda do Xordán —con Sihón e con Og—, que os esnaquizastes.
Respondéronlle: —"Os teus servos veñen dunha terra moi remota, por mor do nome do Señor, o teu Deus, pois chegou ós nosos oídos a súa sona, todo o que fixo en Exipto
E os descendentes do sogro de Moisés —o quenita— subiron da Vila das Palmeiras cos fillos de Xudá ó deserto de Xudá que queda no Négueb de Arad; e foron, e habitaron entre o pobo.
Mais Héber, o quenita, arredárase dos outros quenitas —dos fillos de Hobab, o sogro de Moisés—, e foi montar a súa tenda alá onda a aciñeira de Saanaim, onda Quédex.