Procura no medio do pobo homes de valer e que teñan temor de Deus, homes firmes, inimigos da cobiza, e ponos á fronte do pobo, como xefes de mil, de cen, de cincuenta e de dez.
O Señor falaba con Moisés cara a cara, coma un home co seu amigo. Despois Moisés volvía para o campamento; pero o seu servidor Xosué, fillo de Nun, non se ía da Tenda.
Os nosos pais recibírona en herdanza e, con Xosué á fronte, introducírona na terra dos pagáns, que Deus expulsou diante deles. Así foi ata os días de David,