6 Eu presentareime diante túa alá no Horeb, onda o penedo. Ti baterás o penedo, e sairá auga del para que o pobo beba". Moisés fíxoo así, á vista dos anciáns de Israel.
Para matar a súa fame, décheslles pan do ceo e fixeches deitar auga do penedo para a súa sede. Mandáchelos vir tomar posesión do país que lles tiñas xurado dar, coa man en alto.
Aínda que fervan e escumen as súas augas e se estremezan os montes coa súa furia. O Señor dos exércitos está connosco, o noso castelo é o Deus de Xacob.
—"Colle a vara, e fai xuntar á comunidade, ti e Aharón, teu irmán; na presenza deles ordenarédeslle ó penedo que dea auga; farás manar para eles auga do penedo e daraslle de beber á comunidade e ó seu gando!"
pero o que beba da auga que eu lle darei, nunca mais terá sede: a auga que eu lle darei, converterase dentro del nunha fonte que saltará ata a vida eterna.
foi quen te fixo camiñar polo deserto grande e terrible, por culpa das serpentes de mordedura queimante, dos escorpións e da sequidade (pois non había auga); foi El quen fixo saír para ti auga da pedra de granito;