Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 17:3 - Biblia SEPT

3 Pero o pobo, sedento, seguía queixándose por auga a Moisés: —"Por que nos sacaches de Exipto, para facernos morrer de sede, a nós, ós nosos fillos e á nosa habenza?"

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 17:3
9 Iomraidhean Croise  

Para matar a súa fame, décheslles pan do ceo e fixeches deitar auga do penedo para a súa sede. Mandáchelos vir tomar posesión do país que lles tiñas xurado dar, coa man en alto.


Décheslles o teu bo espírito para que soubesen discernir, e non lles quitaches o maná da súa boca e décheslles auga para a súa sede.


Famentos e sedentos, encollíaselles o espírito.


Con eles ía tamén unha multitude de xente mesturada, e rabaños de ovellas e de vacas e gando en grande cantidade.


Dixéronlle a Moisés: —"Seica non había sepulturas en Exipto, para que nos fixeses vir morrer no deserto? Que ben nos fixeches con sacáresnos de Exipto?


O pobo murmuraba contra Moisés e preguntaba: —"Que imos beber?"


todos aqueles homes que viron a miña Gloria e os prodixios que fixen no Exipto e no deserto, e me tentaron xa por dez veces, sen escoitaren a miña voz,


Para que fixestes vir á comunidade do Señor a este deserto, para morrermos nel nós e o noso gando?


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan