Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 17:2 - Biblia SEPT

2 e rifaba con Moisés, esixindo: —"Dános auga para beber". El respondíalles: —"Por que rifades comigo e tentades o Señor?"

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 17:2
32 Iomraidhean Croise  

Esqueceron axiña as súas obras, non creron nos seus proxectos.


Déronse no deserto a todos os caprichos, tentaron a Deus na soidade.


Tentaron a Deus no corazón, pedíronlle comida por cobiza.


Tentaron a Deus moitas veces, incomodaron ó Santo de Israel.


Eles tentaron, provocaron ó Deus Altísimo, non gardaron os seus preceptos.


Non endurezades o corazón, coma en Meribah, coma o día de Masah, no deserto,


cando vosos pais me tentaron, provocáronme aínda que viran os meus feitos.


O pobo murmuraba contra Moisés e preguntaba: —"Que imos beber?"


E Moisés díxolles aínda: —"Esta noite daravos o Señor carne que comer e pola mañá pan a fartar, pois escoitou as vosas murmuracións contra El. Porque que somos nós? Non murmurastes contra nós, senón contra o Señor".


Chamáronlle a aquel lugar Masah e Meribah, porque os israelitas contenderon co Señor e puxérono á proba, preguntando: —"Está o Señor connosco ou non?".


Dixéronlles: —"Que o Señor olle o voso feito e que xulgue. Fixéstesnos aborrecer polo faraón e polos seus servidores, e puxésteslles na man a espada para que nos maten".


Respondeu Acaz: "Non o pido, pois non quero poñer a proba ó Señor".


Agora nós declaramos felices os soberbios: Si, os que cometen maldades prosperan, poñen a proba a Deus, líbranse".


Todos os fillos de Israel murmuraron contra Moisés e Aharón, e toda a xente dicía: —"Oxalá morrésemos no país do Exipto! Oxalá morrésemos neste deserto!


todos aqueles homes que viron a miña Gloria e os prodixios que fixen no Exipto e no deserto, e me tentaron xa por dez veces, sen escoitaren a miña voz,


E murmuraba o pobo contra Deus e contra Moisés: —"Por que nos fixestes saír de Exipto para morrermos no deserto, pois falta o pan, non hai auga, e a nosa alma sente noxo dese alimento tan miserable?"


Xesús respondeu: Tamén está escrito: Non tentarás o Señor, o teu Deus.


O máis novo díxolle ó pai: "Papá, dáme a parte da herdanza que me corresponde". El repartiulles os seus bens.


Xesús respondeulle: Está mandado: Non tentarás o Señor, o teu Deus.


Por que, logo, tentades a Deus, querendo cangar no pescozo dos discípulos un xugo que nin nosos pais nin nós fomos quen de aturar?


Entón díxolle Pedro: Por que acordastes isto, para tentardes o Espírito do Señor? Mira, chegan á porta os pés dos que enterraron o teu home e vante levar a ti tamén.


Nin tentemos o Señor, coma algúns deles o tentaron e pereceron mordidos polas serpentes.


Non tentedes o Señor, voso Deus, tal como o tentastes no lugar de Tentación.


Logo seguistes enfadando ao Señor en Taberah, en Masah e en Quibrot Hatavah.


cando vosos pais me tentaron, para veren onde chegaba, aínda que xa viran os meus feitos


A Samuel pareceulle mal esa proposta: Dános un rei que nos goberne, e invocou ó Señor.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan