1 A asemblea dos israelitas, seguindo as ordes do Señor, saíu do deserto de Sin e, por xeiras, chegou a Refidim, onde acampou. O pobo non atopou alí auga que beber,
Moisés fixo marchar ós israelitas de onda o mar Rubio, e colleron a dirección do deserto do Sur. Camiñaron tres días polo deserto, sen atoparen auga.
A asemblea dos israelitas saíu de Elim e chegou ó deserto de Sin, entre Elim e o Sinaí, o día quince do mes seguinte á saída de Exipto.
Viñeron os amalecitas e atacaron a Israel en Refidim.
Procedentes de Refidim, chegaron ó deserto do Sinaí e acamparon alí, ó pé do monte.
Como non había auga para a comunidade, xuntáronse contra Moisés e contra Aharón.
Cando a Nube se levantaba de enriba da Tenda, os fillos de Israel púñanse en marcha, e no lugar onde a Nube paraba, alí acampaban os fillos de Israel.
Por orde do Señor acampaban e por orde do Señor partían, gardando as normas, como lles ordenara o Señor por medio de Moisés.