Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 16:7 - Biblia SEPT

7 Pola mañá veredes a gloria do Señor, que escoitou as vosas murmuracións contra El. Porque que somos nós, para que murmuredes contra nós?"

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 16:7
17 Iomraidhean Croise  

Mentres Aharón falaba coa asemblea dos israelitas, volveron os ollos cara ó deserto, e viron a gloria do Señor mostrarse na nube.


—"Oín as murmuracións dos israelitas. Dilles isto: O anoitecer teredes carne que comer e pola mañá pan a fartar. E saberedes que eu son o Señor, o voso Deus".


E Moisés díxolles aínda: —"Esta noite daravos o Señor carne que comer e pola mañá pan a fartar, pois escoitou as vosas murmuracións contra El. Porque que somos nós? Non murmurastes contra nós, senón contra o Señor".


e viron ó Deus de Israel. Debaixo dos seus pés había coma un pavimento de zafiro, limpo coma o mesmo ceo.


A gloria do Señor fixera morada sobre o monte Sinaí. A nube tapou o monte por seis días. O sétimo día chamou o Señor a Moisés desde o medio da nube.


Entón a nube cubriu a Tenda do Encontro e a gloria do Señor encheu o tabernáculo.


floreza abundantemente, que brinque en exultante danza! Concedéuselle a gloria do Líbano, o esplendor do Carmelo e do Xarón. Eles mesmos verán a gloria do Señor, o esplendor do noso Deus.


Pois vaise revelar a gloria do Señor, e toda carne verá o Único. Falou a boca do Señor".


Entón Moisés dixo: —"Velaquí o que o Señor vos mandou facer para que se vos apareza a súa gloria".


Pero toda a comunidade tratou de apedralos. Entón a Gloria do Señor apareceu na Tenda do Encontro ante todos os fillos de Israel,


—"Canto tempo vou ter que seguir aguantando esta teimosa turba, que murmura contra min? Eu oín as murmuracións que contra min profiren os fillos de Israel.


Ti e toda a túa facción sublevástesvos contra o Señor; pois quen é Aharón para que murmuredes contra el?".


Isto era coma un aviso para os fillos de Israel, a fin de que ningún estraño que non pertenza á descendencia de Aharón se aproxime a queimar incenso diante do Señor e non sufra a sorte de Coré e a súa facción, conforme o Señor lle ordenara por medio de Moisés.


O oílo, dixo Xesús: Esta enfermidade non é para a morte, senón para a gloria de Deus, a fin de que por ela se glorifique o Fillo de Deus.


Xesús contestoulle: Non che dixen que se cres, verás a gloria de Deus?


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan