Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 16:4 - Biblia SEPT

4 O Señor díxolle a Moisés: —"Vou facer chover un pan do ceo para vós. O pobo sairá e collerá o que lle cumpra para o día. Quero poñelo á proba, para ver se anda ou non coa miña lei.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 16:4
17 Iomraidhean Croise  

Había, en efecto, unha orde do rei respecto deles e un acordo concernente ós cantores, día a día.


Para matar a súa fame, décheslles pan do ceo e fixeches deitar auga do penedo para a súa sede. Mandáchelos vir tomar posesión do país que lles tiñas xurado dar, coa man en alto.


Décheslles o teu bo espírito para que soubesen discernir, e non lles quitaches o maná da súa boca e décheslles auga para a súa sede.


Pediron, e viñeron paspallás e deulles con fartura pan do ceo.


Ordenou logo ás nubes desde arriba, abriu as portas do ceo,


Moisés clamou cara ó Señor, e o Señor mostroulle un madeiro que había botar na auga. A auga volveuse doce. Alí deulles leis e normas, e púxoos á proba.


Os israelitas, ó que o viron, preguntábanse uns ós outros: —"Que é isto?" Pois non sabían o que era aquilo.


Afasta de min a falsidade e a mentira, non me deas nin pobreza nin riqueza, déixame comer a miña ración de pan,


Dános hoxe o noso pan de cada día.


Dános cada día o noso pan.


que todos comeron o mesmo alimento espiritual


foi El quen che deu a comer no deserto o maná, que teus pais non coñecían, co fin de te aflixir e pórte a proba, para logo facerche ben no teu futuro.


Has de te lembrar do camiño polo que o Señor, o teu Deus, te fixo camiñar polo deserto durante estes corenta anos para aflixirte e pórte a proba e saber o que hai nas túas intencións: se ti querías gardar os seus mandamentos, ou non.


E, se vos anoxa servir ó Señor, escollede hoxe a quen ides servir: se ós deuses que serviron vosos pais na outra banda do río, ou ós deuses dos amorreos, os da terra que habitades. Eu e mais a miña familia serviremos ó Señor".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan