Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 16:3 - Biblia SEPT

3 Dicían: —"Sequera morrésemos pola man do Señor na terra de Exipto, sentados ó redor dos potes de carne e con pan a fartar! Trouxéstesnos a este deserto, para matar de fame a toda esta comunidade".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 16:3
32 Iomraidhean Croise  

Tras estes feitos abriu Xob a boca, maldicindo o seu día,


Pois non pechou as portas do ventre nin dos meus ollos afastou a coita.


Por que lle deron ó coitado a luz e a vida ó corazón amargado,


Famentos e sedentos, encollíaselles o espírito.


Falaban así contra Deus: —"Poderá Deus pór unha mesa no deserto?


Comeu o home pan dos fortes, deulles sustento a fartar.


Dixéronlle a Moisés: —"Seica non había sepulturas en Exipto, para que nos fixeses vir morrer no deserto? Que ben nos fixeches con sacáresnos de Exipto?


Pero o pobo, sedento, seguía queixándose por auga a Moisés: —"Por que nos sacaches de Exipto, para facernos morrer de sede, a nós, ós nosos fillos e á nosa habenza?"


Pasado moito tempo, morreu o rei de Exipto. Os israelitas queixábanse e berraban na súa servidume, e os seus xemidos subiron onda Deus.


Dixéronlles: —"Que o Señor olle o voso feito e que xulgue. Fixéstesnos aborrecer polo faraón e polos seus servidores, e puxésteslles na man a espada para que nos maten".


En vez de preguntar: onde está o Señor que nos sacou de Exipto e nos deu forzas para camiñar polo deserto, por terras ermas e fragas, por terras requeimadas e sombras de morte, por sitios que ninguén pasa e onde o home non habita?


Isto é que dicides: Resistamos, pois iremos ó país de Exipto, onde nin veremos a guerra, nin escoitaremos a voz da trompeta, nin pasaremos fame de pan e onde viviremos".


É ben certo que faremos todo o que prometemos coa nosa boca: ofrecerlle incenso á Raíña do ceo, e verterlle libacións, como xa o fixemos nós e nosos pais, os nosos reis e as nosas autoridades, nas cidades de Xudá e nas rúas de Xerusalén, e entón fartabámonos de pan, estabamos felices e non viamos a desgraza.


(Tet) Foron máis ditosos os mortos pola espada cós mortos da fame. Si, aqueles foron máis valentes sendo acoitelados (cós que) careceron dos produtos do campo.


Se ti me tratas a min así, é mellor que me mates, tírame a vida, pídocho de favor, se atopei graza ós teus ollos, para que deste modo non vexa eu tanto mal".


senón un mes enteiro, ata que vos saia polo nariz e vos resulte noxenta, por canto rexeitades o Señor, que está no medio de vós, e chorastes na súa presenza, dicindo: Por que saímos nós do Exipto?".


Todos os fillos de Israel murmuraron contra Moisés e Aharón, e toda a xente dicía: —"Oxalá morrésemos no país do Exipto! Oxalá morrésemos neste deserto!


Por que nos conduce o Señor a este país, para sermos atravesados pola espada e para que as nosas mulleres e os nosos nenos sexan feitos cativos? Non nos sería mellor volver para o Exipto?"


É pouco obrigarnos a subir dun país que deita leite e mel, e facernos morrer no deserto, para que, enriba, pretendas tamén señorearte de nós?


E murmuraba o pobo contra Deus e contra Moisés: —"Por que nos fixestes saír de Exipto para morrermos no deserto, pois falta o pan, non hai auga, e a nosa alma sente noxo dese alimento tan miserable?"


E Paulo dixo: Deus queira que, en moito ou en pouco, non só ti senón todos os que hoxe me escoitan se fixesen coma min, fóra estas cadeas, claro.


Xa estades fartos, xa estades ricos: sen nós estades feitos uns reis! Quen me dera que fose certo! Así podiamos nós reinar convosco.


Ai, se me aturásedes un pouco de tolería! Aturádema, veña!


Pola mañá dirás: Quen me dera que fose a tarde; e pola tarde dirás: quen me dera que fose a mañá, por causa do pavor que abraiará o teu corazón, e por causa da visión que contemplarán os teus ollos.


El aflixiute, facéndote pasar fame, e logo deuche de comer o maná, que nin coñecías ti nin coñecían teus pais, co fin de che dar a coñecer que non soamente do pan vive feliz o home, senón que o home vive feliz con todo o que sae da boca do Señor.


E dixo Xosué: —"Ah, meu Señor Iavé!: Por que fixeches pasar o Xordán a este pobo, para poñéresnos nas mans dos amorreos e acabar connosco? Oxalá tivésemos quedado na outra banda do Xordán!


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan