Achega, Señor, o teu oído, e escoita. Abre, Señor, os teus ollos, e mira. Si, escoita todas as palabras de Senaquerib, coas que mandou xente para insultar o Deus vivente.
Porque te reviraches contra min e porque a túa soberbia chegou ós meus oídos, porei o meu anel de ferro no teu nariz e o meu freo nos teus beizos, e fareite volver do vieiro por onde andaches.
E, cando estaba prostrado en adoración no templo de Nisrok, o seu deus, os seus fillos Adramelec e Saréser matárono coa espada. Eles escaparon para o país de Ararat e logo, no seu posto, subiu ó trono o seu fillo Esar—Hadón.
Velaí: son coma o coaño: queimaraos o lume: non salvarán as súas vidas do poder da chama, non serán brasa para cocer opan, nin lume para sentarse a carón.
Como as linguas de lume devoran o restrollo e a chama destrúe a pallugada, así a súa raíz volverase podre, e os seus abrollos voarán coma o coaño, pois rexeitaron a instrución do Señor dos Exércitos e desprezaron a palabra do Santo de Israel.
Sucederá no día aquel que sairán de Xerusalén augas vivas, a metade delas para o mar Morto, e a outra metade para o Mediterráneo. Isto sucederá no verán e no inverno.
e díxolle: "Corre e fálalle a ese mozo nestes termos: Xerusalén debe seguir sendo cidade aberta. Por mor do fato de homes e animais que haberá dentro dela.