Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 15:6 - Biblia SEPT

6 A túa destra, Señor, distínguese pola forza, a túa destra, Señor, tronza ós inimigos.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 15:6
27 Iomraidhean Croise  

Mostra a túa compaixón admirable, ti que libras do inimigo ós que se acollen á túa dereita.


Poderás rexelos con cetro de ferro, rompelos, coma ola de barro".


Quen é ese rei da gloria? O Señor, forte e valente, o Señor, valente nas batallas.


Coa túa propia man desherdaches xente, para establecelos, destruíches nacións, para estendelos.


Non adquiriron o país coa súa espada, nin foi o seu brazo quen lles deu a vitoria, senón a túa dereita e o teu brazo e a luz da túa presenza, porque os amabas.


Ti fixéchesllas pasar duras ó teu pobo, déchesnos a beber viño atordante.


Por que arredas a túa man e retés a túa dereita no seo?


Esquecería Deus a compaixón e cerraría, irado, as súas entrañas?


Ti tes brazo potente, a túa man é forte, a túa dereita ergueita.


Salmo. Cantádelle ó Señor un cántico novo, pois fixo marabillas, a súa dereita e o seu brazo déronlle a vitoria.


Quen hai coma ti, Señor, entre os deuses, quen coma ti, excelso en santidade, terrible polas túas obras, facedor de milagres?


Soamente tendiches a destra, e enguliunos a terra.


Caeu enriba deles un medo tremente, o poder do teu brazo deixounos coma de pedra, namentres pasaba o teu pobo, Señor, namentres pasaba o pobo que adquiriches.


Moisés contoulle ó seu sogro o que Deus fixera co faraón e cos exipcios por mor de Israel, e as coitas que tiveran na viaxe e como o Señor os librara delas.


Pero eu alongarei a miña man e ferirei a Exipto. Obrarei alí moitos prodixios, e deixaranvos saír.


O Señor díxolle a Moisés: —"Agora verás o que vou facer co faraón. Forzado por man rexa, deixaravos saír e mesmo vos botará da súa terra".


rompe coma cacharro de oleiro, cando o escachan sen compaixón e non se atopa entre os seus anaquiños un cacho para coller lume do fogar ou para sacar auga do pozo".


Esperta, esperta e revístete de poder, brazo do Señor! Esperta coma nos días de antes, coma nas xeracións eternas. Acaso non fuches ti quen matou a Ráhab, e acoitelou ó Dragón?


O Señor remangou o seu brazo santo ós ollos de todos os pobos, e todos os confíns da terra viron a salvación do noso Deus.


O que fixo avanzar o seu glorioso brazo por medio da destra de Moisés, o que partiu as augas diante deles, construíndose para si un renome eterno.


Hei facer que os escachicen, cada un contra o seu irmán, os pais e mais os fillos volveranse agresivos —é o Señor quen fala—, xa non teño compaixón nin sinto mágoa nin me compadezo de acabar con eles".


E non nos sometas á tentación, mais líbranos do Malo.


e ha de os gobernar cun caxato de ferro, e escachizaraos coma unha ola de barro,


O Señor desbarata a quen se lle opón, o Altísimo trona desde o ceo. O Señor xulga os confíns da terra, enche de vigor ó seu rei, afirma no poder ó seu unxido".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan