Moisés respondeulles: —"Non teñades medo. Mantédevos enteiros e veredes a salvación que vos concederá hoxe o Señor. Os exipcios que hoxe vedes, non os veredes nunca máis.
"é moi fácil para ti ser o meu servo, restablecendo as tribos de Xacob e facendo volver os protexidos de Israel, pois convértote en luz das nacións, e serás a miña salvación ata o confín da terra".
Velaquí o pacto que eu hei pactar coa casa de Israel despois deses días —é o Señor quen fala—: Hei meter a miña lei nas súas entrañas, escribireina nos seus corazóns, serei para eles o seu Deus, e eles serán para min o meu pobo.
A ese terzo fareino pasar polo lume e acrisolareino como se acrisola a prata e probareino como se proba o ouro. El invocará o meu nome e eu escoitareino; direille "ti es o meu pobo" e el dirame "Iavé meu Deus".
Cantaban a cántiga do servo de Deus, Moisés, e a cántiga do Año, dicindo: "Grandes e admirables son as túas obras, Señor Deus, que todo o sostés; xusto e fiel é o teu comportamento, Rei das nacións.