16 Caeu enriba deles un medo tremente, o poder do teu brazo deixounos coma de pedra, namentres pasaba o teu pobo, Señor, namentres pasaba o pobo que adquiriches.
E que nación hai no mundo coma o teu pobo Israel, que Deus mesmo foi rescatar, para facelo seu e darlle un nome e para facer con el prodixios e milagres, botando de diante do pobo que libraches de Exipto ós outros pobos cos seus deuses?
Moisés contoulle ó seu sogro o que Deus fixera co faraón e cos exipcios por mor de Israel, e as coitas que tiveran na viaxe e como o Señor os librara delas.
Volvín pasar onda ti e fixeime en ti: Velaí, a túa idade era a idade do namoro; estendín o meu manto sobre ti e cubrín a túa nudez; comprometinme contigo con xuramento, e entrei en alianza contigo —é o meu Señor, Iavé, quen fala— e fuches miña.
Coidade de vós e de todo o rabaño do que o Espírito Santo vos constituíu inspectores, para pastoreardes a Igrexa que Deus comprou co sangue do seu propio Fillo.
O día de hoxe comezo a te converter no causante de temor e de terror ante a presenza dos pobos que hai debaixo de todo o firmamento; ao teren noticia do teu renome, poranse a tremer e escaparán da túa presenza.
Dálle estas ordes ao pobo: Vós ides pasar as fronteiras dos vosos irmáns, os fillos de Esaú, que viven no Seir. Eles téñenvos medo, pero gardádevos ben
Pero, en cambio, vós sodes raza escollida, sacerdocio de reis, nación santa, pobo adquirido por Deus, para pregoardes as marabillas daquel que vos chamou das tebras á súa luz admirable.
O mesmo que houbo no pobo xudeu profetas falsos, tamén haberá entre vós falsos mestres, que meterán arteiramente herexías perniciosas; ó negaren o Señor que os rescatou, carrexan para si unha rápida perdición.