Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 15:11 - Biblia SEPT

11 Quen hai coma ti, Señor, entre os deuses, quen coma ti, excelso en santidade, terrible polas túas obras, facedor de milagres?

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 15:11
51 Iomraidhean Croise  

Por iso es grande, Señor Iavé, non hai outro coma ti, nin hai Deus, fóra de ti, conforme o que temos oído.


e dixo: —"Señor, Deus de Israel, non hai un deus coma ti, nin arriba no ceo, nin abaixo na terra. Ti gardas a alianza e o amor ós teus servos, que camiñan diante de ti con todo o corazón.


Porque Iavé é grande, digno de toda loanza, temible sobre todos os deuses.


Pero quen será home a construírlle un templo, cando os ceos e os ceos dos ceos non o poden conter? E quen son eu para edificarlle un templo aínda que estea destinado tan só a queimar incenso na súa presenza?


e dixo: —"Señor, Deus de Israel. Nin no ceo nin na terra hai deus ningún coma ti, fiel á alianza cos teus vasalos, se proceden de todo corazón de acordo contigo;


Quen coma o Señor, noso Deus, que habita nas alturas


O meu corpo treme ante ti e venero as túas decisións.


Só El fai grandes prodixios, porque o seu amor é eterno.


O Señor é xusto nos seus camiños todos, bo en todos os seus feitos.


Eu falareilles de ti ós meus irmáns, loareite no medio da asemblea.


Dirá todo o meu ser: —"Señor, quen hai coma ti, que defendes os humildes dos poderosos, os pobres e indixentes dos que os desposúen?"


Cando loitou contra Aram Naharaim e contra os arameos de Zoba e bateu os edomitas no Val do Sal: doce mil homes.


Vinde e vede as obras do Señor, os seus sorprendentes feitos entre os homes.


Digo para min: —"A miña dor é esta: que se mudou a conduta do Altísimo".


Os teus camiños, Deus, son santos, quen dos deuses é grande coma Deus?


o trono foi retumbando, os lóstregos alumaron os espazos, a terra estremeceuse e tremelou.


Ti es grande e fas prodixios, ti es o único Deus.


Ti, Señor, non tes semellante entre os deuses, non hai feitos coma os teus.


Ti es, en verdade, a súa gloria e a súa forza, polo teu favor erguemos nós a testa.


Quen puidese valorar a forza da túa ira, a túa indignación, co debido temor!


Agora sei que o Señor é máis ca todos os deuses, pois así o mostrou cando eles se erguían contra vós".


Non terás xunto comigo outros deuses.


Pero eu alongarei a miña man e ferirei a Exipto. Obrarei alí moitos prodixios, e deixaranvos saír.


Axuntábanas en moreas, e todo o país fedía.


El respondeu: —"Mañá". Díxolle Moisés: —"Será como ti dis, para que saibas que non hai outro coma Iavé, o noso Deus.


Pois desta botarei todas as pragas enriba de ti, dos teus ministros, do teu pobo, para que saibas que non hai ninguén coma min en toda a terra.


Apartade do noso camiño, quitade do noso vieiro, retirade de diante de nós ó Santo de Israel".


Con quen asemellaredes a Deus? Que semellanza lle buscaredes?


Con quen me asemellaredes, a quen serei comparable? —di o Santo—.


Lembrádevos das cousas primeiras desde antigo: de que eu son Deus e non hai outro, de que son Deus e non hai coma min.


Porque así fala o Altísimo, o Excelso, o que reside na sala do seu trono, que ten de Nome o Santo: "Eu resido no templo celeste, (pero) tamén co humillado e co de espírito abatido, para reanimar o espírito dos abatidos, e para revitalizar o corazón dos humillados.


Exclamaban un cara ó outro: "Santo, Santo, Santo, o Señor dos Exércitos: a terra toda está chea da súa gloria!".


Non é coma elas o Deus que lle tocou a Xacob, pois El é o creador de todo: Israel é a tribo da súa herdanza. O seu nome é Señor dos Exércitos.


Velaí un león que sobe da fraga do Xordán: á súa morada heino volver, heino espantar e facer correr desde alí. Cal é o escollido de entre o seu exército, que o hei castigar? Pois quen hai coma min? Quen me desafía a un xuízo? Quen é o pastor que se mantén de pé na miña presenza?


—"Fálalle á comunidade dos fillos de Israel e dilles: Sede santos, porque santo son eu, o Señor, o voso Deus.


Que Deus hai coma ti, que quita a iniquidade, e lle pasa por alto o pecado ó resto da súa herdanza, que non se obstina para sempre na ira, senón que lle ten amor á misericordia?


Vouvos dicir a quen lle tedes que ter medo: temede a quen despois de matar pode meter no inferno. Así, repítovolo, temede a este.


O Señor, o voso Deus, será quen irá diante de vós; El pelexará no voso favor tal como fixo, diante dos vosos ollos, en Exipto.


Meu Señor, Deus! Ti comezaches por permitirlle ao teu servo ver a túa grandeza e a túa man forte, que deus pode haber no ceo ou na terra, que faga as mesmas obras ca ti, ou teña o mesmo poder?


Ninguén hai coma Deus, Iexurún, que monta a cabalo dos ceos na túa axuda, que coa maxestade monta nas delgadas nubes.


Ou intentou algún deus vir coller para si unha nación do medio doutros pobos, con castigos, con sinais e prodixios, con guerra, con man forte e brazo estendido, con terrores grandes, de maneira semellante a todo o que o Señor, o voso Deus, fixo no voso favor en Exipto ós teus propios ollos?


e adorou o dragón, que tal poder lle dera á besta, dicindo: "Quen será coma a besta e quen poderá facer guerra en contra dela?".


Quen non respectará e glorificará o teu nome, Señor? Porque só ti es santo. Todas as nacións virán e adorarante prostradas perante Ti, porque os teus xustos xuízos quedaron ben á vista".


E cada un destes catro animais tiña seis ás, cheas de ollos en todo o arredor e por fóra. Non tiñan acougo nin de día nin de noite, proclamando: "Santo, Santo, Santo, Señor Deus, que todo o sostén, o que era, o que é e o que está a vir".


Non hai santo coma o Señor! Non hai rocha coma o noso Deus!


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan