Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 15:10 - Biblia SEPT

10 Pero botaches ti un sopro, e cubriunos o mar, afundíronse coma chumbo nas augas embravecidas.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 15:10
16 Iomraidhean Croise  

Deus pensou en Noé e nos animais e gandos que estaban con el na arca. Fixo pasar un vento pola terra, e as augas comezaron a minguar.


O combate estendeuse por toda aquela bisbarra. Aquel día o bosque devorou máis vidas cá espada.


Dividiches o mar perante eles e puideron pasar co pé enxoito polo medio do mar; ós que os perseguían precipitáchelos no fondo, como unha pedra nas augas axitadas.


El fai subir as nubes no horizonte, solta a chuvia con lóstregos, saca dos seus depósitos os ventos.


Manda a súa palabra e derrétense, sopra co seu alento e corre a auga.


Moisés alongou a man sobre o mar, e o Señor removeuno cun vento forte do leste, que soprou toda a noite, ata secar o mar, coas augas partidas.


Os abismos cubríronos, baixaron ó fondo coma pedras.


Quen ascendeu ó ceo e de alí baixou? Quen recolleu o vento nos seus puños? Quen envolveu as augas no seu manto? Quen afincou os lindeiros da terra? Cal é o seu nome e cal o de seu fillo, acaso o sabes?


O Señor deixará seco o golfo do mar de Exipto, e moverá a súa man contra o Éufrates; co ardor do seu alento romperao en sete brazos, e fará que se poida pasar con sandalias.


Dá el un berro, e retumban as augas no ceo, fai subir as nubes desde o cabo da terra, fai que os lóstregos se volvan chuvia e fai saír das súas arcas o vento.


Invocade o nome do Faraón, rei de Exipto; ó seu poder xa lle pasou o momento.


Pois olla: Quen moldeou os montes e creou o vento, quen lle descobre ó home o que está a matinar, quen fai o abrente e mais as tebras, quen camiña sobre os lombos da terra, Iavé, Deus dos Exércitos, é o seu nome.


Os homes, abraiados, dicían: Quen será este que mesmo os ventos e mais o mar lle fan caso?


As que fixo contra o exército de Exipto, contra os seus cabalos e contra os seus carros; de xeito que fixo fluír as augas do mar dos Xuncos sobre a súa furia, cando vos perseguían, e destruíunos o Señor ata o día de hoxe;


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan