Dividiches o mar perante eles e puideron pasar co pé enxoito polo medio do mar; ós que os perseguían precipitáchelos no fondo, como unha pedra nas augas axitadas.
A profetisa Miriam, irmá de Aharón, botou man do pandeiro, e todas as mulleres saíron con pandeiros detrás dela, bailando. Miriam cantaba diante: —"Cantade ó Señor, que se cubriu de gloria, cabalo e cabaleiro alagou no mar".
Cantádelle ó Señor un cántico novo; a súa loanza, desde o confín da terra. Serán humillados o mar e todo o que o enche, as ribeiras e os seus habitantes.
e desde alí dareille as súas viñas, e convertereille o val da Aflición en porta da Esperanza, e alí hame responder coma nos días da súa mocidade, coma o día en que subiu de Exipto.
Cantaban a cántiga do servo de Deus, Moisés, e a cántiga do Año, dicindo: "Grandes e admirables son as túas obras, Señor Deus, que todo o sostés; xusto e fiel é o teu comportamento, Rei das nacións.