Será coma un sinal que pos no teu brazo e coma unha lembranza diante dos teus ollos; levarás nos teus labios a lei do Señor, que te sacou de Exipto con man forte.
Eu endurecerei o corazón dos exipcios, que seguirán perseguíndovos. E mostrareime glorioso á conta do faraón, á dos seus carros e á dos seus cabaleiros.
Eu endurecerei o corazón do faraón, de xeito que se botará a perseguirvos, e eu mostrarei a miña gloria á conta súa e dos seus exércitos. Entón saberán os exipcios que eu son Iavé". Os israelitas fixeron o mandado.
O Señor díxolle a Moisés: —"En volvendo a Exipto, farás diante do faraón os moitos milagres para os que eu che darei poder. Eu endurecerei o seu corazón, e non deixará saír o pobo.
Eu son o Señor, o voso Deus, que vos saquei do país de Exipto, para vos liberar da escravitude, rompendo as cordas do voso xugo, e fíxenvos camiñar coa fronte ergueita.
Partiron de Ramsés no primeiro mes, o día quince do mes primeiro. O día seguinte da Pascua saíron os fillos de Israel coa man levantada, ós ollos de todo Exipto,
o Deus deste pobo de Israel escolleu a nosos pais e engrandeceu este pobo durante o seu exilio na terra de Exipto; despois tirounos de alí coa forza do seu brazo.
pois era cousa do Señor, que fixo endurecer os seus corazóns, de xeito que declarasen a guerra a Israel e fosen exterminados sen compaixón e aniquilados, como mandara o Señor a Moisés.
e eu empurrarei onda ti, xunto ó torrente Quixón, a Sísera —o capitán do exército de Iabín—, e mais ós seus carros e á tropa, e poreino nas túas máns?"