Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 14:4 - Biblia SEPT

4 Eu endurecerei o corazón do faraón, de xeito que se botará a perseguirvos, e eu mostrarei a miña gloria á conta súa e dos seus exércitos. Entón saberán os exipcios que eu son Iavé". Os israelitas fixeron o mandado.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 14:4
36 Iomraidhean Croise  

Realizaches signos e prodixios contra o Faraón, contra todos os seus servidores e contra todo o pobo do seu país, pois sabías que no seu orgullo nos maltratara, e conquistaches un nome que aínda hoxe perdura.


e para que así poidas contarlles a teus fillos e a teus netos como tratei eu ós exipcios e os sinais que fixen con eles. Dese xeito saberedes que eu son o Señor".


Pero o Señor endureceu o corazón do faraón, que non quixo deixalos saír.


Os israelitas foron e fixeron como lles mandara o Señor por Moisés e Aharón.


Os exipcios que os perseguían, a cabalería do faraón, os carros e os cabaleiros, entraron no mar tras deles.


Pexou as rodas dos carros, de xeito que non podían case que andar. Os exipcios entón dixeron: —"Fuxamos dos israelitas, pois Iavé loita por eles contra nós".


O faraón pensará: Os israelitas andan perdidos no país; o deserto péchalles o paso.


Dixéronlle ó rei de Exipto que o pobo fuxira. O corazón do faraón e o dos seus ministros volvéronse contra el, e dicían: —"Que fixemos, deixando saír do noso servizo a Israel?"


O Señor endureceu o corazón do faraón, rei de Exipto, para que perseguise ós israelitas, que saían co brazo ergueito.


Agora sei que o Señor é máis ca todos os deuses, pois así o mostrou cando eles se erguían contra vós".


Tomareivos coma meu pobo e eu serei o voso Deus. Saberedes que eu son Iavé, o voso Deus, o que vos tirou de debaixo da carga dos exipcios.


Iavé di: Nisto poderás recoñecer que eu son Iavé. Coa vara que levo na man baterei na auga do Nilo e trocarase en sangue.


Eu endurecerei o corazón do faraón, e farei moitos sinais e moitos milagres en Exipto.


Os exipcios aprenderán que eu son Iavé, cando alongue a miña man contra o Exipto e saque de alí os israelitas".


Se te manteño vivo, é para facerche ver a miña forza e para que se fale do meu nome en todo o mundo.


Pero obrei de acordo co meu nome, de xeito que non fose profanado á vista dos pobos no medio dos que vivían, e na presenza dos cales me dera a coñecer a eles, sacándoos do país de Exipto.


Así fala o meu Señor, Iavé: —Velaquí, eu estou contra ti, Sidón, e vou ser glorificado dentro de ti. Entón recoñecerán que eu son o Señor, cando execute nela a sentencia e mostre nela a miña santidade.


Cando se converta o país de Exipto nun deserto, entón quedará despoxado de todo o que o enche; cando eu fira a todos os seus habitantes, entón recoñecerán que eu son o Señor.


E subirás contra o meu pobo Israel, coma unha nube que cobre o seu país; ó cabo deses días estarás alí e eu fareite entrar en ataque contra o meu pobo, para que as nacións me recoñezan a min, cando ti, Gog, me recoñezas por santo á vista deles.


Deste xeito mostrarei a miña grandeza e a miña santidade, e dareime a coñecer na presenza de pobos numerosos. Recoñecerán que eu son o Señor.


Enterraraos toda a xente do país, e o día no que eu me cubra de gloria seralles memorable —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.


Díxolle Moisés a Aharón: —"Isto tíñavolo ben advertido o Señor con estas verbas: Mostrarei a miña santidade nos que me están máis próximos, manifestarei a miña gloria diante dos ollos de todo o pobo". Aharón calou.


como está escrito: Deulles Deus un espírito aparvado, ollos para non veren e oídos para non oíren, ata o día de hoxe.


Pois di a Escritura ó Faraón: Para isto te levantei: para mostrar en ti o meu poder e para que se proclame o meu nome en toda a terra.


En resumo: de quen quere compadécese, e a quen quere enduréceo.


pois era cousa do Señor, que fixo endurecer os seus corazóns, de xeito que declarasen a guerra a Israel e fosen exterminados sen compaixón e aniquilados, como mandara o Señor a Moisés.


e eu empurrarei onda ti, xunto ó torrente Quixón, a Sísera —o capitán do exército de Iabín—, e mais ós seus carros e á tropa, e poreino nas túas máns?"


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan