—"Dilles ós israelitas que fagan un rodeo e que acampen diante de Pi-hahirot, entre Migdal e o mar, enfronte de Baalsefón, e que poñan as tendas cara ó mar.
Eu endurecerei o corazón do faraón, de xeito que se botará a perseguirvos, e eu mostrarei a miña gloria á conta súa e dos seus exércitos. Entón saberán os exipcios que eu son Iavé". Os israelitas fixeron o mandado.
Así fala o meu Señor, Iavé: —Es ti aquel de quen eu falei nas épocas antigas por medio dos meus servidores, os profetas de Israel, que veñen profetizando desde aquelas épocas e aqueles anos que eu te traería contra eles?
Cando grandes desgrazas e angustias caian sobre el, este cantar dará testemuño contra el, porque non será esquecido na boca da súa descendencia. Si, coñezo ben o plan que hoxe mesmo está facendo, antes de que eu o leve á terra que prometín con xuramento".
E déuselles a noticia ós gazatitas, dicindo: —"Anda por aquí Sansón". E fixéronlle un cerco e axexárono toda a noite á porta da vila, agardando toda a noite, cavilando: —"ó chegar a luz da mañá, matarémolo".
Rexistrade os recunchos onde se esconde e volvede cos datos precisos. Entón irei eu convosco e, se se encontra nesa bisbarra, buscareino entre todas as familias de Xudá".
Informaron a Xaúl de que David chegara a Queilah e pensou: —"Deus pono nas miñas mans, pois, meténdose nunha cidade con portas e ferrollos, encérrase a si mesmo".