Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 13:9 - Biblia SEPT

9 Será coma un sinal que pos no teu brazo e coma unha lembranza diante dos teus ollos; levarás nos teus labios a lei do Señor, que te sacou de Exipto con man forte.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 13:9
38 Iomraidhean Croise  

Eles son os teus servidores e o teu pobo que ti rescataches co teu gran poder e forte man.


sacou de entre eles a Israel, porque o seu amor é eterno,


con man forte e brazo rexo, porque o seu amor é eterno.


Ti creaches o norte e o sur, o Tabor e o Hermón exultan no teu nome.


Este día quedaravos na memoria e faredes nel festa ó Señor. Será festa de precepto por todas as xeracións.


No mesmo día en que se cumprían os catrocentos trinta anos, saíron de Exipto as multitudes do Señor.


Cando mañá o teu fillo che pregunte: Que significa isto?, ti diraslle: O Señor sacounos con man forte de Exipto, da casa da servidume.


Será coma un sinal que pos no teu brazo e coma unha lembranza diante dos teus ollos: o Señor sacoute de Exipto con man forte".


Moisés díxolle ó pobo: —"Lembrade este día en que saístes de Exipto, da casa da servidume, cando con man rexa vos sacou de alí o Señor. Non comades pan lévedo nese día.


Pero eu alongarei a miña man e ferirei a Exipto. Obrarei alí moitos prodixios, e deixaranvos saír.


O non darvos creto o faraón, eu porei sobre Exipto a miña man e sacarei as multitudes do pobo de Israel daquela terra con fortes escarmentos.


serán unha graciosa diadema na túa cabeza e un colar no teu pescozo.


Meu fillo, non as perdas de vista: pon garda á competencia e á habilidade.


coma o paxaro voa cara á trampa ata que a frecha lle atravesa o fígado, sen se decatar que aí lle vai a vida.


Márcame coma un selo no corazón, coma un selo no teu brazo! Pois é rexo coma a morte o Amor, duros coma o Xeol son os celos; son os seus lóstregos coruscar de lume, divina labarada.


No día aquel o Señor castigará coa súa espada dura, grande e poderosa, a Leviatán, a serpente fuxidía, a Leviatán, a serpente retorcida, matará o dragón que hai no mar.


Velaí o meu Señor Iavé que chega con poder; si, o seu brazo domina. Velaí a súa paga con el, o seu xornal diante del.


este escribirá na súa man: Pertenzo ó Señor; e será titulado co nome de Israel".


Velaí, estás escrito nas palmas das miñas mans, as túas murallas están sempre ante min.


Esperta, esperta e revístete de poder, brazo do Señor! Esperta coma nos días de antes, coma nas xeracións eternas. Acaso non fuches ti quen matou a Ráhab, e acoitelou ó Dragón?


Olládeme aquí: esta é a miña Alianza convosco —fala o Señor—: o meu Espírito está sobre ti, e as miñas palabras, que roxen na túa boca, non desaparecerán da túa boca nin da boca da túa descendencia nin da boca da descendencia da túa descendencia, desde agora e para sempre —fala o Señor—.


Pola miña vida —é o Señor quen fala— aínda que Ieconías, fillo de Ioaquim, rei de Xudá, fose o anel da miña dereita, si que te sacaría de aí


Si, o Señor levanta a súa voz, diante do seu exército. Que enorme é o seu campamento! Que poderoso é o exército que cumpre o seu plan! Que grande é o día do Señor e enormemente terrible! Quen o soportará?


Tales fitas serviranvos para que, cando as vexades, vos lembredes de todos os preceptos do Señor e os poñades en práctica; e para que non vos deixedes arrastrar pola inclinación do voso corazón e dos vosos ollos, que vos levan á infidelidade.


Todo o que fan é para que os vexan: visten aparatosamente, ancheando as filacterias e as franxas dos seus mantos;


Que di, logo, positivamente? Cerca de ti está a palabra, na túa boca e no teu corazón. Esa é a palabra da fe que anunciamos.


Si, a palabra está moi cerca de ti: na túa boca e no teu corazón, para a cumprires.


Lémbrate de que fuches servo no país de Exipto e de que te sacou de alí o Señor o teu Deus con man forte e brazo estendido. Por isto mandouche o Señor o teu Deus que observases o día de descanso sabático.


Ti responderaslle a teu fillo: Eramos escravos do Faraón en Exipto, pero o Señor sacounos de Exipto con man forte.


Os preceptos estes, que eu che mando hoxe, estarán no teu corazón;


Ataralos á túa man coma sinal, e servirán de adorno entre os teus ollos,


Por isto nun único día hanlle vir as súas pragas: peste, desgraza e fame, e volverase cinsa no lume, porque poderoso é o Señor, o Deus que a condena".


E abandonaron ó Señor, o Deus de seus pais, que os sacara da terra de Exipto, e foron detrás dos deuses alleos, dos deuses de pobos que estaban arredor deles, e prostráronse diante deles, e alporizaron ó Señor.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan