Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 13:5 - Biblia SEPT

5 Cando o Señor vos introduza na terra dos cananeos, dos hititas, dos amorreos, dos hivitas e dos iebuseos, conforme o xuramento que fixo a vosos pais, unha terra que deita leite e mel, no mes de abib celebraredes esta festa.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 13:5
31 Iomraidhean Croise  

Fai nesta terra a túa morada. Eu estarei contigo e bendicireite. A ti e ós teus descendentes dareivos esta terra, para manter o xuramento que fixen a teu pai Abraham.


Xosé díxolles a seus irmáns: —"Eu estou para morrer. Deus coidará de vós e sacaravos desta terra, para a terra que prometeu con xuramento a Abraham, a Isaac e a Xacob".


hivitas, arquitas, sinitas,


Cumpriredes estas ordes coma lei a perpetuidade para vós e para os vosos fillos.


Observa este rito de ano en ano, no seu día.


Cando o Señor te dea introducido na terra dos cananeos, conforme vos xurou a ti e a teus pais, e cha dea en posesión,


Teño decidido sacarvos da miseria de Exipto e levarvos ó país dos cananeos, dos hititas, dos amorreos, dos perizitas, dos hivitas e dos iebuseos, unha terra que deita leite e mel.


Vou baixar e libralos do poder dos exipcios, e levalos desta terra a unha terra boa e largacía, terra que deita leite e mel, ós lugares dos cananeos, dos hititas, dos amorreos, dos perizitas, dos hivitas e dos iebuseos.


Lembra ós teus servos Abraham, Isaac e Israel, ós que con xuramento prometiches: Multiplicarei os vosos descendentes coma as estrelas do ceo, e dareilles este país de que vos teño falado, para que o herden a perpetuidade".


O Señor díxolle a Moisés: —"Anda, ti e o pobo que trouxeches de Exipto e sube de aquí cara á terra, da que eu xurei a Abraham, a Isaac e a Xacob: Daréillela ós vosos descendentes.


Observa o que hoxe che mando. Eu botarei de diante de ti ós amorreos, ós cananeos, ós hititas, ós perizitas, ós hivitas e ós iebuseos.


Eu fixen con eles un pacto: darlles o país de Canaán, terra na que viviron coma forasteiros.


Levareivos á terra que xurei darlles a Abraham, a Isaac e a Xacob, e daréivola a vós en posesión. Eu, Iavé".


Deste xeito cumprirei a promesa que con xuramento fixen a vosos pais, de darlles para eles a terra que deita leite e mel, coma o día de hoxe. E eu repuxen dicindo: —De acordo, Señor.


e décheslles esta terra que lles xuraras dar a seus pais, terra que deita leite e mel.


No día aquel xureilles coa man erguida, que os sacaría do país de Exipto, para a terra onde eu me aparecera a eles, terra que deita leite e mel, terra que é a máis gloriosa de todas as terras.


Xa volo teño dito: vós seredes donos da súa terra; eu mesmo vola vou dar en posesión: unha terra que deita leite e mel. Eu son o Señor, o voso Deus, que vos separei dos demais pobos.


Son eu por ventura quen concibiu a todo este pobo? Son eu quen o deu a luz, para que me digas: Lévao no teu seo, como leva unha ama o seu neno de peito, á terra que ti prometiches con xuramento a seus pais?


E contaron: —"Fomos á terra, onde ti nos enviaches: verdadeiramente é un país que deita leite e mel. Velaquí os seus froitos!


Iavé foi incapaz de levar a este pobo ó país que lle prometera con xuramento, por iso o destruíu no deserto!


non entraredes no país, onde, estendendo a miña man, xurei facervos habitar, excepto Caleb, fillo Iefuneh e Xosué, fillo de Nun.


Os homes de vinte anos para arriba que subiron do Exipto non verán a terra que prometín con xuramento a Abraham, Isaac e Xacob, porque non me seguiron sen dúbidas,


Cando o Señor, o teu Deus, faga desaparecer da túa presenza os pobos onde ti entras para os desposuír, e cando ti tomes posesión deles e vivas no seu país,


Cando o Señor, o teu Deus, destrúa os pobos dos que o Señor, o teu Deus, che vai dar o país, e cando tomes posesión deles e vivas nas súas cidades e nas súas casas,


Cando entres no país que o Señor, o teu Deus, che vai dar en herdanza e tomes posesión del e vivas xa alí,


Cando o Señor, o teu Deus, te introduza no país no que vas entrar para o tomares en posesión, e cando expulse da túa presenza pobos numerosos —os hititas, os guirgaxitas, os amorreos, os cananeos, os perizitas, os hivitas e os iebuseos, sete pobos máis numerosos e poderosos ca ti—


Logo pasastes o Xordán e chegastes a Xericó; e loitaron contra vós os veciños de Xericó —os amorreos, os perizitas, os cananeos, os hititas, os guirgaxitas, os hivitas e os iebuseos—, e púxenos nas vosas mans.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan