4 Saídes hoxe, no mes de abib.
Despois de catro xeracións volverán eles aquí, pois aínda non chegou ó seu cúmulo a maldade dos amorreos".
—"Teredes este mes polo primeiro dos meses, o mes principal de todo o ano.
Garda a festa dos Ácimos. Sete días comerás pan sen levedar, conforme che mandei, no tempo fixado do mes de abib, pois nel saístes de Exipto. E non viredes onda min coas mans baldeiras.
Garda a festa dos Ácimos. Sete días comerás pan sen levedar, como che mandei, pola festa do mes de abib, pois no mes de abib saíches de Exipto.
Eu fixen con eles un pacto: darlles o país de Canaán, terra na que viviron coma forasteiros.