Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 13:3 - Biblia SEPT

3 Moisés díxolle ó pobo: —"Lembrade este día en que saístes de Exipto, da casa da servidume, cando con man rexa vos sacou de alí o Señor. Non comades pan lévedo nese día.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 13:3
58 Iomraidhean Croise  

Despois de catro xeracións volverán eles aquí, pois aínda non chegou ó seu cúmulo a maldade dos amorreos".


—pois haberá moito que falar e oír sobre a grandeza do teu nome, sobre o poder da túa man o sobre a largueza do teu brazo—, cando ese estranxeiro veña rezarche a este templo,


Lembrádevos das marabillas que fixo, dos seus prodixios, dos xuízos da súa boca!


Eles son os teus servidores e o teu pobo que ti rescataches co teu gran poder e forte man.


Realizaches signos e prodixios contra o Faraón, contra todos os seus servidores e contra todo o pobo do seu país, pois sabías que no seu orgullo nos maltratara, e conquistaches un nome que aínda hoxe perdura.


Relembrade as marabillas que fixo, os prodixios e as decisións da súa boca.


Cando Israel saíu de Exipto, a familia de Xacob dun pobo estraño,


sacou de entre eles a Israel, porque o seu amor é eterno,


con man forte e brazo rexo, porque o seu amor é eterno.


Ti tes brazo potente, a túa man é forte, a túa dereita ergueita.


Sete días seguidos comeredes pans ácimos. Desde o primeiro día botaredes o lévedo das casas, pois o que coma pan fermentado entre o primeiro día e o sétimo será excluído de Israel.


Gardaredes a festa dos Ácimos, pois nese mesmo día saquei eu as vosas multitudes de Exipto. Gardarédela coma festa de precepto por todas as xeracións.


Neses sete días non gardaredes pan lévedo na casa. Quen coma algo fermentado será excluído da asemblea de Israel, o mesmo o forasteiro coma o indíxena.


—"Teredes este mes polo primeiro dos meses, o mes principal de todo o ano.


No mesmo día en que se cumprían os catrocentos trinta anos, saíron de Exipto as multitudes do Señor.


Esa noite velou o Señor para sacalos. Esa noite velan os israelitas por todas as xeracións.


Comeredes a carne esa noite, asada no lume, con pan sen levedar e con verduras amargas.


Cando mañá o teu fillo che pregunte: Que significa isto?, ti diraslle: O Señor sacounos con man forte de Exipto, da casa da servidume.


Será coma un sinal que pos no teu brazo e coma unha lembranza diante dos teus ollos; levarás nos teus labios a lei do Señor, que te sacou de Exipto con man forte.


—"Eu son o Señor, o teu Deus, que te saquei da terra de Exipto, da condición de escravitude.


Pensa no día do sábado, para o faceres día santo.


Garda a festa dos Ácimos. Sete días comerás pan sen levedar, conforme che mandei, no tempo fixado do mes de abib, pois nel saístes de Exipto. E non viredes onda min coas mans baldeiras.


Pero eu alongarei a miña man e ferirei a Exipto. Obrarei alí moitos prodixios, e deixaranvos saír.


Garda a festa dos Ácimos. Sete días comerás pan sen levedar, como che mandei, pola festa do mes de abib, pois no mes de abib saíches de Exipto.


O Señor díxolle a Moisés: —"Agora verás o que vou facer co faraón. Forzado por man rexa, deixaravos saír e mesmo vos botará da súa terra".


Dilles, pois, ós israelitas: Eu, Iavé, tirareivos de debaixo da carga que vos impoñen os exipcios, sacareivos da súa servidume, librareivos con brazo estendido e con grandes escarmentos.


Tomareivos coma meu pobo e eu serei o voso Deus. Saberedes que eu son Iavé, o voso Deus, o que vos tirou de debaixo da carga dos exipcios.


O non darvos creto o faraón, eu porei sobre Exipto a miña man e sacarei as multitudes do pobo de Israel daquela terra con fortes escarmentos.


Así fala o Señor, Deus de Israel: —Eu son quen fixo un pacto con vosos pais o día que os saquei do país de Exipto, da casa de escravos, nestes termos:


O entrar na casa, saudade.


E collendo pan, deu grazas, partiuno e déullelo, dicindo: Este é o meu corpo, que se entrega por vós; facede isto en memoria de min.


e, despois de dar grazas, partiuno e dixo: "Isto é o meu corpo, que se entrega por vós; facede isto en lembranza miña".


Fagamos, logo, a festa pero non con fermento vello nin con fermento de malicia e perversidade, senón con pan ácimo de pureza e de verdade.


e o extraordinario portento que é o seu poder verbo de nós, os que cremos, en consonancia co vigor da súa potencia e da súa forza,


Debes absolutamente matalo: a túa man será a primeira en darlle morte, e a man de todo o pobo seguirá despois:


Acantázao con pedras e que morra, xa que tratou de te apartar do Señor, o teu Deus, que te sacou do país de Exipto, da escravitude.


Camiñaredes tralo Señor, o voso Deus, respectarédelo a El, gardaredes os seus mandamentos, escoitaredes a súa voz, darédeslle culto a El e apegarédevos a El.


E o tal profeta ou o tal soñador de soños ha de ser executado, pois predicou a rebelión contra o Señor, o voso Deus, que vos sacou do país de Exipto e que vos rescatou da escravitude; si, quíxote apartar do camiño polo que o Señor, o teu Deus, che mandara camiñar. Dese xeito farás desaparecer do medio de ti a maldade.


Lémbrate de que fuches servo no país de Exipto e de que te redimiu o Señor, o teu Deus. Por isto mándoche hoxe este precepto.


Garda o mes das Espigas e celebra a Pascua en honor do Señor, o teu Deus, pois no mes das Espigas fíxote saír de noite o Señor, o teu Deus, de Exipto.


Lembra que fuches escravo en Exipto; garda e cumpre todos estes preceptos e ponos en práctica.


Non comerás co sacrificio nada con fermento, durante sete días; comerás co sacrificio pan ácimo, pan de aflición, pois de présa saíches do país de Exipto: para que te lembres do día no que saíches do país de Exipto, todos os días da túa vida.


Lémbrate de que fuches servo en Exipto e de que o Señor, o teu Deus, te rescatou de alí. Por isto eu che mando que poñas en obra esta lei.


Así lembraraste de que fuches servo no país de Exipto. Por isto eu che mando que poñas en obra esta lei.


Logo o Señor fíxonos saír de Exipto con man forte e brazo estendido, con grande terror, con sinais e con feitos marabillosos,


Ou intentou algún deus vir coller para si unha nación do medio doutros pobos, con castigos, con sinais e prodixios, con guerra, con man forte e brazo estendido, con terrores grandes, de maneira semellante a todo o que o Señor, o voso Deus, fixo no voso favor en Exipto ós teus propios ollos?


Lémbrate de que fuches servo no país de Exipto e de que te sacou de alí o Señor o teu Deus con man forte e brazo estendido. Por isto mandouche o Señor o teu Deus que observases o día de descanso sabático.


Eu son o Señor, o teu Deus, que te fixen saír do país de Exipto, da opresión dos escravos.


ten moito coidado de non te esqueceres do Señor que te sacou do país de Exipto, da situación de escravitude.


Ti responderaslle a teu fillo: Eramos escravos do Faraón en Exipto, pero o Señor sacounos de Exipto con man forte.


senón que foi polo amor do Señor para vós e por manter El o xuramento que lles fixera ós vosos pais, polo que o Señor vos sacou con man forte e vos rescatou da situación de escravitude, do poder do faraón, rei de Exipto.


se che xacta o teu corazón e te esquezas do Señor, o teu Deus, que foi quen te sacou do país de Exipto, da casa da escravitude;


Entón díxome o Señor: Levántate e baixa rápido de aquí, que se corrompeu o teu pobo, o que ti sacaches de Exipto. Ben axiña se apartaron do camiño que eu lles mandei. Fixeron para eles un ídolo de fundición.


pois o Señor, o noso Deus, fíxonos subir a nós e a nosos devanceiros da terra de Exipto, da casa do asoballamento, e fixo diante de nós aqueles grandes prodixios e protexeunos ó longo de todo o camiño que percorremos, e mais por todos os poboados por onde pasamos;


E abandonaron ó Señor, o Deus de seus pais, que os sacara da terra de Exipto, e foron detrás dos deuses alleos, dos deuses de pobos que estaban arredor deles, e prostráronse diante deles, e alporizaron ó Señor.


enviou o Señor un profeta ós fillos de Israel, que lles falou así: —"Isto di o Señor, Deus de Israel: Eu fíxenvos subir de Exipto, saqueivos da casa da escravitude,


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan