Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 13:21 - Biblia SEPT

21 O Señor camiñaba diante deles, polo día nunha columna de nube para os guiar, pola noite nunha columna de lume para os alumear. Dese xeito camiñaban de día e de noite.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 13:21
21 Iomraidhean Croise  

Guiáchelos de día cunha columna de nube e de noite cunha columna de fogo, para alumarlles o camiño que tiñan que seguir.


Pero ti, na túa grande misericordia, non os abandonaches no deserto: a columna de nube que os guiaba polo seu camiño de día non se apartou deles, nin a columna de fogo que os guiaba de noite.


Tendeulles por cuberta unha nube, un lume que os alumaba pola noite.


Deus dálles fogar ós solitarios, libra os presos e enriquéceos, mentres os rebeldes quedan en terra reseca.


Abriches camiño nas augas, un carreiro nas augas caudais, sen deixares rastro dos teus pasos.


Coa nube guiábaos polo día e con faro de lume pola noite.


Deus faloulles desde a nube, e eles gardaron as revelacións, os preceptos que lles deu.


Díxolle o faraón: —"Así vaia Iavé convosco, coma eu vos deixarei saír a vós e a vosos fillos! Pero vedes como son cativas as vosas intencións?


Mentres Aharón falaba coa asemblea dos israelitas, volveron os ollos cara ó deserto, e viron a gloria do Señor mostrarse na nube.


Vendo o pobo que Moisés se demoraba en baixar da montaña, xuntouse ó redor de Aharón e díxolle: —"Anda, fainos un deus que vaia diante de nós, pois ese Moisés, o home que nos sacou de Exipto, non sabemos que foi del".


Que é aquilo que sobe da estepa coma columnas de fume, recendendo a mirra e mais a incenso e a canta especia teña o mercador?


A Nube do Señor ía enriba deles de día, ó saíren do campamento.


e dixéronllelo ós habitantes desta terra. Eles oíron que Ti, Señor, estás no medio do teu pobo e te deixas ver cara a cara; que a túa Nube se mantén coma unha columna sobre eles, e nela marchas diante durante o día e en columna de lume pola noite.


quen ía por diante de vós polo camiño, para vos buscar sitio onde acampar, quen ía diante de vós de noite, no lume, para que vísedes o camiño por onde tiñades que marchar, e de día, na nube.


Certo que o Señor será quen irá diante de ti. El estará contigo, non te deixará só nin te abandonará. Non teñas medo nin te desanimes".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan