e os primoxénitos dos nosos fillos e do gando, como está escrito na Lei; así coma os primoxénitos das nosas grandes reses e das pequenas, que se deben levar á casa do noso Deus e ós sacerdotes en función na casa do noso Deus.
As primeiras crías da asna poderalas rescatar por unha ovella; pero, se non as rescatas, deberalas esnocar. Rescatarás os teus fillos primoxénitos. E non viredes onda min coas mans baldeiras.
Collías os teus fillos e fillas, os fillos que ti me deras, e ofrecíalos en sacrificio ás imaxes para que os comesen. Acaso isto é menos grave cá túa prostitución?
O mellor das primicias de todo, e o mellor das contribucións sobre todo —de todas as vosas contribucións— será para os sacerdotes; tamén lle daredes ó sacerdote o mellor da vosa muiñada, para que a bendición descanse na túa casa.
A primeira cría do gando, que por ser primoxénito pertence ó Señor, non poderá ser ofrecida como voto, será xa do Señor, sexa tenreiro, sexa de gando miúdo.
Todos os seres de calquera criatura que nacen os primeiros, sexan homes ou animais, que sexan presentados ó Señor, serán para ti, agás os primoxénitos do home, que o terás que rescatar, como tamén rescatarás os dos animais.
—"Velaí que eu escollín de entre os fillos de Israel os levitas no lugar de todos os primoxénitos, de todos os que abren o seo materno, entre os fillos de Israel. Os levitas serán da miña pertenza,
porque todo primoxénito é meu, desde o día en que ferín a todos os primoxénitos na terra de Exipto e consagrei para min todo primoxénito de Israel, tanto dos homes como dos animais. Serán meus. Eu son o Señor".
Porque meus son todos os primoxénitos dos fillos de Israel, tanto de homes como de animais; eu consagreinos para min, desde o día en que ferín a todos os primoxénitos na terra de Exipto.
Todo primoxénito macho que naza no teu gando e no teu rabaño, consagraralo ao Señor, o teu Deus. Non traballarás co primoxénito da túa vaca nin raparás o primoxénito das túas ovellas.