9 Non comeredes nada del cru, nin cocido en auga, senón asado no lume, con cabeza, patas e entrañas.
Asaron a Pascua, como está mandado, e coceron os alimentos sagrados en olas, caldeiros e cazolas, repartíndoos logo a todos os fillos do pobo.
Comeredes a carne esa noite, asada no lume, con pan sen levedar e con verduras amargas.
Sacaraslle o sebo que envolve as entrañas, o que cobre o fígado, os dous riles co sebo que os envolve, e queimaralo todo no altar.
Porás o carneiro en anacos, lavarás as súas entrañas e as súas patas, poralas cos anacos de carne e coa cabeza
(Mem) Mandou lume do ceo e fixo baixar os meus ósos. Estendeu unha rede ós meus pés e fíxome volver para atrás. Deixoume desolada, todos os días na impureza.
despois de lavar as entrañas e as patas con auga, o sacerdote fará queimar todo xunto sobre o altar, como holocausto de recendo para o Señor.
Cociñarás a vítima e comerala no santuario que o Señor, o teu Deus, escolla. Pola mañá darás a volta e camiñarás para as túas tendas.