Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 12:8 - Biblia SEPT

8 Comeredes a carne esa noite, asada no lume, con pan sen levedar e con verduras amargas.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 12:8
20 Iomraidhean Croise  

Asaron a Pascua, como está mandado, e coceron os alimentos sagrados en olas, caldeiros e cazolas, repartíndoos logo a todos os fillos do pobo.


Abren a boca cara a min leóns que devoran e brúan.


Amarguexáronlles a vida co duro labor do barro, dos ladrillos, coa labranza da terra, e con toda sorte de traballos, impostos con brutalidade.


Non comeredes nada del cru, nin cocido en auga, senón asado no lume, con cabeza, patas e entrañas.


Moisés díxolle ó pobo: —"Lembrade este día en que saístes de Exipto, da casa da servidume, cando con man rexa vos sacou de alí o Señor. Non comades pan lévedo nese día.


Comeredes pans ácimos durante os sete días, e que na túa casa non se vexa pan fermentado nin no teu territorio pan lévedo ningún.


Non me ofrecerás o sangue dos sacrificios con pan lévedo. Non deixarás a graxa da festa ata a mañá.


Non ofrecerás pan lévedo co sangue do sacrificio. Do sacrificio da festa da Pascua non deixarás quedar nada para o día seguinte.


O Señor quixo esmagalo co seu sufrimento: Si, entrega a túa vida en expiación polo pecado. Pero el verá descendencia, alongará os seus días e por medio del cumprirase a salvación do Señor.


Queimade parte do levedado en acción de grazas, anunciade ben alto as ofrendas voluntarias xa que así vos peta, israelitas, —Oráculo do Señor Iavé—.


Estenderei sobre a casa de David e sobre os habitantes de Xerusalén un espírito de graza e de súplica: mirarán atentamente ó meu Poderoso, a quen traspasaron. Farán lamentación por el, coma a lamentación diante do único Deus, e chorarán amargamente por el, coma o amargarse por un primoxénito.


Entón comprenderon que non lles falara de que tivesen coidado co fermento do pan, senón da doutrina dos fariseos e saduceos.


Mentres estaban a comer, Xesús colleu pan e, dando grazas, partiuno e déullelo ós seus discípulos, dicindo: Tomade e comede: isto é o meu corpo.


cun chisco de fermento abonda para levedar a masa toda.


Cociñarás a vítima e comerala no santuario que o Señor, o teu Deus, escolla. Pola mañá darás a volta e camiñarás para as túas tendas.


E vós seguistes o noso exemplo e o do Señor e, aínda que houbo tantas dificultades, acollestes a mensaxe coa alegría do Espírito Santo,


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan