Se a familia é moi pequena para comer o año enteiro, que se xunte co veciño máis próximo á súa casa, botando conta das persoas. O año será estimado conforme ó que cada un poida comer.
Se a súa oblación fose holocausto de boi, deberá ser macho sen chata. Presentarao á porta da Tenda do Encontro e ofrecerao para que sexa aceptable na presenza do Señor,
Maldito sexa o tramposo, que ten no seu rabaño un macho, pero cando fai voto, ofrécelle en sacrificio ó seu Señor algo desprezable. Pois eu son o grande Rei —fala o Señor dos Exércitos—, e o meu Nome é temible entre os pobos.
Non lle ofrecerás en sacrificio ao Señor, o teu Deus, touro ou año que teña algún defecto ou cousa mala, pois isto sería unha abominación para o Señor, o teu Deus.
Pois era xustamente deste xeito o sacerdote que nós precisabamos: santo, sen ruindade e sen pecado, separado dos pecadores e levantado a unha gloria máis alta có mesmo ceo.