Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 12:3 - Biblia SEPT

3 Dicídelle a toda a comunidade de Israel: No día dez deste mes que cada un busque un año por familia e por casa.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 12:3
26 Iomraidhean Croise  

Abraham respondeulle: —"Meu fillo, o año Deus o proverá". E camiñaban os dous xuntos.


O Señor miraba con bos ollos para Abel e para a súa ofrenda,


Ioxías proporcionou á xente años e cabritos —trinta mil en total— para sacrificios pascuais de todos os presentes, e tres mil bois, todo iso da facenda real.


—"Teredes este mes polo primeiro dos meses, o mes principal de todo o ano.


Moisés convocou ós anciáns todos de Israel e díxolles: —"Buscade e facédevos cunha res por familia e inmolade a vítima da Pascua.


Se a familia é moi pequena para comer o año enteiro, que se xunte co veciño máis próximo á súa casa, botando conta das persoas. O año será estimado conforme ó que cada un poida comer.


Gardarédelo ata o catorce deste mes e, entre lusco e fusco dese día, inmolarao a comunidade toda de Israel en asemblea.


O Señor díxolle a Moisés: —"Que queixas son esas cara a min? Manda ós israelitas que se poñan en marcha.


Dicíanlle a Moisés: —"Fálanos ti, e escoitaremos; pero que non nos fale Deus, non sexa que morramos".


Aharón referíullelo que o Señor lle dixera a Moisés, e este fixo á vista do pobo os sinais.


Dilles, pois, ós israelitas: Eu, Iavé, tirareivos de debaixo da carga que vos impoñen os exipcios, sacareivos da súa servidume, librareivos con brazo estendido e con grandes escarmentos.


O ano vinte e cinco despois de que nos levaron desterrados, no comezo do ano, o día dez do mes, catorce anos despois da caída da cidade, nese mesmo día, veu sobre min a man do Señor e levoume alá.


—"Fálalles ós fillos de Israel e dilles: Cando un de vós queira ofrecer ó Señor unha oblación de animais, poderá ser de gando maior ou menor.


e, como expiación por tal pecado, presentará diante do Señor unha vítima de gando miúdo, femia de ovella ou cabra, e o sacerdote fará con ela a expiación polo delito.


Isto farase con cada xovenco e con cada carneiro, año ou cabrito.


O outro día, vendo a Xesús, que viña cara a el, dixo: Velaí o Año de Deus, o que arrinca o pecado do mundo!


e, vendo a Xesús que camiñaba, dixo: Velaquí o Año de Deus.


Seis días antes da Pascua, foi Xesús a Betania, onde estaba Lázaro, a quen resucitara de entre os mortos.


O outro día, a xente que viñera á festa, oíndo que Xesús viña a Xerusalén,


Purificádevos do vello fermento, para serdes unha masa nova, coma pans ácimos que sodes. Pois o noso año pascual, Cristo, xa foi inmolado.


Achegarédesvos na mañá, por tribos; e a tribo que de nós sinale o Señor, virá por familias; e a familia que escolla o Señor, comparecerá por casas; e a casa que de entre nós sinale o Señor, acudirá por varóns.


E todos os habitantes da terra, que desde o comezo do mundo non teñen o seu nome escrito no libro da vida do Año que foi degolado, adoraron a besta.


Samuel colleu un año de leite e ofreceullo en holocausto ó Señor. Pregou ó Señor por Israel e o Señor escoitouno.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan