Moisés díxolle ó pobo: —"Lembrade este día en que saístes de Exipto, da casa da servidume, cando con man rexa vos sacou de alí o Señor. Non comades pan lévedo nese día.
Garda a festa dos Ácimos. Sete días comerás pan sen levedar, conforme che mandei, no tempo fixado do mes de abib, pois nel saístes de Exipto. E non viredes onda min coas mans baldeiras.