Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 12:12 - Biblia SEPT

12 Esa noite pasarei eu por todo o Exipto e ferirei de morte todos os primoxénitos, desde os dos homes ata os do gando. Farei cumprida xustiza con todos os deuses de Exipto. Eu, o Señor.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 12:12
26 Iomraidhean Croise  

Os filisteos deixaron ciscados os seus deuses, que foron queimados por orde de David.


El feriu os primoxénitos de Exipto, o mesmo os dos homes cós dos gandos.


Salmo de Asaf. Deus érguese no concello divino, fai xuízo na xunta dos deuses.


Eu dixera: —"Sodes deuses, fillos todos do Altísimo;


Se ó teu lado caen mil, e dez mil á túa dereita, a ti non te tocará.


O Señor é un Deus grande, rei poderoso sobre todos os deuses.


O Señor vai pasar ferindo os exipcios. Pero, en vendo o sangue no lintel e nas xambas, pasará diante da porta sen se deter. Non deixará entrar nas vosas casas ó exterminador para ferir.


Agora sei que o Señor é máis ca todos os deuses, pois así o mostrou cando eles se erguían contra vós".


entón o amo levarao á presenza de Deus, porao contra a porta ou contra os linteis, furaralle a orella cunha subela, e el quedará coma servo seu para sempre.


Non te descoides na oferta da colleita e da vendima. Dáme os teus fillos primoxénitos.


Deus seguiu dicindo: —"Eu son Iavé.


E o Señor cumpriu a súa palabra ó día seguinte. Morreu o gando todo dos exipcios; pero dos israelitas non morreu sequera unha cabeza.


Oráculo contra Exipto. Velaí o Señor montado nunha nube lixeira; vai a Exipto, tremen os seus deuses por mor da súa presenza, o corazón de Exipto derrétese nos seus adentros.


queimará os deuses ou levaraos cativos, espiollará o país de Exipto, coma un pastor espiolla o seu manto, e sairá de alí en paz.


Esnaquizará os obeliscos do templo do Sol, que hai en Exipto, e prenderalles lume ós templos dos deuses de Exipto.


O Señor dos Exércitos, Deus de Israel, di: —Hei castigar ó deus Amón de Tebas, ó Faraón e a Exipto, ós seus deuses e ós seus reis, ó Faraón e ós que confían nel,


Pero deixarei de entre eles un resto, uns poucos homes escapados da espada, da fame e da peste, para que conten as súas abominacións nos pobos a onde vaian. Entón recoñecerán que eu son o Señor.


e en todas as viñas haberá loito cando eu pase por medio de ti": dixo Iavé.


O Señor será terrible contra eles, pois El debilita o poder de todos os deuses da terra, e todas as nacións da costa, cada unha desde o seu sitio, prostraranse en adoración diante del.


mentres os exipcios enterraban a todos os seus primoxénitos, que o Señor ferira de morte, como proba de que era máis poderoso cós seus deuses.


O outro día, ó erguérense as xentes de Axdod, atoparon a Dagón de fociños no chan diante da arca do Señor. Eles collérono e volvérono ó seu sitio.


Facede imaxes dos furunchos e dos ratos que estragaron o país, e rendédelle homenaxe ó Deus de Israel. Quizais entón alixeire a súa man sobre vós e sobre os vosos deuses e a vosa terra.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan