Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 11:8 - Biblia SEPT

8 Entón estes teus ministros acudirán onda min e, prostrándose, pediranme: Sae de onda nós ti e todo este pobo que te segue. E entón eu sairei". E Moisés foise anoxado de onda o faraón.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 11:8
18 Iomraidhean Croise  

Entón Benhadad mandou dicirlle a Acab: —"Que os deuses me castiguen, se chega o po de Samaría para que os soldados que me seguen enchan con el a súa man".


Os reis de Israel, de Xudá e de Edom puxéronse en movemento. Os sete días de camiño faltou a auga, tanto para o exército coma para os animais que o seguían.


Ao oír os seus clamores e palabras, a cólera apoderouse de min con violencia.


Do mestre do coro, con instrumentos de corda, co octacordio. Salmo de David.


Respondeulle Moisés: "Como ti digas. Non che volverei ver a cara".


Entón reis serán os teus titores; e as súas princesas, as túas amas de cría. Diante de ti prostrarán o rostro na terra, e lamberán o po dos teus pés. Entón recoñecerás que eu son o Señor, porque non se avergonzarán os que esperan en min.


farei que os teus opresores coman a súa propia carne, e que beban o seu propio sangue coma viño doce. Entón toda carne recoñecerá que eu son o Señor que te salvo, o teu Redentor, o Valente de Xacob".


O Espírito colleume en arroubo, e marchei fortalecido polo ardor do meu espírito, pois a poderosa man do Señor estaba sobre min.


Era Moisés un home moi humilde, máis ca todos os homes que había na terra.


E botándolles unha ollada, chea de carraxe e tristura, debido á dureza dos seus corazóns, díxolle ó enfermo: Estende a túa man. El estendeuna, e a man curou.


E responderán: Porque abandonaron a Alianza do Señor, Deus de seus pais, quen concluíu a alianza con eles ao sacalos do país de Exipto;


cansos de fame, consumidos coa febre e coa peste maligna. Si, mandarei contra eles dentes de animais, con veleno de bechos que se arrastran polo chan.


Pola fe abandonou Exipto sen lle ter medo á cólera do rei, xa que se mantivo firme na súa decisión, coma home que vira o Invisible.


Vas ver que che vou entregar algúns da sinagoga de Satán, dos que din que son xudeus pero que non o son, porque menten. Vas ver que os vou facer poñerse ós teus pés e recoñecerán que eu te amo.


E convocou Barac a Zebulón e a Naftalí en Quédex, e subiu con dez mil homes consigo; e tamén foi con el Déborah.


E dixo ós veciños de Succot: —"Dádenos, por favor, uns moletes de pan para a xente que me segue, pois están derreados e estou abouxando a Zébah e Salmuná, reis de Madián".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan