7 Pero onde están os israelitas non ouveará can ningún nin por homes nin por gando, para que saibades que o Señor distingue entre Exipto e Israel.
O coitado gaña nova esperanza e tápaselle a boca á iniquidade.
Deus é un xuíz xusto, un Deus que ameaza cada día.
Nos tres días non se vían uns ós outros nin se podían mover do seu sitio. Pero nas moradas dos israelitas había luz.
Pero os magos de Exipto fixeron tamén iso cos seus encantamentos. O faraón endureceuse e non lles fixo caso, conforme dixera o Señor.
Distinguirei entre o meu pobo e o teu. Mañá verás este sinal".
Moisés respondeulle: —"Iso non pode ser, pois o que nós ofrecemos en sacrificio a Iavé, o noso Deus, é abominable para os exipcios. Se sacrificamos o que para eles é abominable, non nos acantazarían?
Soamente non caeu na bisbarra de Goxén, onde estaban os israelitas.
Iavé distinguirá entre o gando dos israelitas e o gando dos exipcios. Aquel non perderá sequera unha cabeza".
Entón veredes de novo a diferenza entre o xusto e o malvado, entre quen serve ó Señor e quen non o serve.
Porque quen te fai máis distinguido? Que tes ti que non o recibises? E se o recibiches, a que vén gabarse coma se non o recibises?
Todo o pobo volveu en paz ó campamento, onda Xosué, a Maquedah; e ninguén moveu a súa lingua contra os fillos de Israel.