Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 11:5 - Biblia SEPT

5 e morrerán os primoxénitos todos do país, desde o primoxénito do faraón que senta no trono, ata o da serva que move a pedra do muíño, e mesmo os primoxénitos do gando.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 11:5
13 Iomraidhean Croise  

Feriu os primoxénitos en todo o país, as primicias do seu vigor.


El feriu os primoxénitos de Exipto, o mesmo os dos homes cós dos gandos.


Feriu os primoxénitos de Exipto, porque o seu amor é eterno;


Feriu os primoxénitos de Exipto, as primicias do vigor nas tendas de Cam.


Esa noite pasarei eu por todo o Exipto e ferirei de morte todos os primoxénitos, desde os dos homes ata os do gando. Farei cumprida xustiza con todos os deuses de Exipto. Eu, o Señor.


A medianoite o Señor feriu de morte a todos os primoxénitos de Exipto, desde o primoxénito do faraón que senta no trono, ata o do prisioneiro que está no calabozo, e mesmo os primoxénitos do gando.


O faraón teimaba en non deixarnos saír, e entón o Señor matou a todos os primoxénitos de Exipto, os dos homes e os do gando. Por iso nós sacrificamos para o Señor as primeiras crías do gando que son machos, e rescatamos os fillos primoxénitos.


E eu dígoche: Deixa saír a meu fillo, para que veña darme culto. Se te negas a deixalo, eu matarei o teu fillo primoxénito".


Colle as pedras do muíño e moe o gran, envólveo no teu veo, remanga a túa saia, descubre as nádegas, cruza os ríos.


Os mozos levan a moa do muíño e os rapaces cambalean coa leña ó lombo.


Estarán dúas mulleres moendo no muíño, levarán unha e deixarán a outra.


Pola fe deixou instituída a Pascua e a aspersión co sangue, para que o Exterminador non lles tocase ós seus primoxénitos.


E apreixárono os filisteos e sacáronlle os ollos, fixérono baixar a Gaza e amarrárono con cadeas e puxérono a moer no cárcere.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan