Esa noite pasarei eu por todo o Exipto e ferirei de morte todos os primoxénitos, desde os dos homes ata os do gando. Farei cumprida xustiza con todos os deuses de Exipto. Eu, o Señor.
O Señor vai pasar ferindo os exipcios. Pero, en vendo o sangue no lintel e nas xambas, pasará diante da porta sen se deter. Non deixará entrar nas vosas casas ó exterminador para ferir.
A medianoite o Señor feriu de morte a todos os primoxénitos de Exipto, desde o primoxénito do faraón que senta no trono, ata o do prisioneiro que está no calabozo, e mesmo os primoxénitos do gando.
Mandei sobre vós unha peste semellante á de Exipto, pasei pola espada os vosos mozos ó tempo que capturaban os vosos cabalos, fixen subir ós vosos narices o fedor do campamento, mais non volvestes a min —Oráculo de Iavé—.