Pedíanlles ós exipcios obxectos de prata e ouro e mais roupas. O Señor fixo que o pobo lles caese ben ós exipcios, que lles deixaban canto lles pedían. Así despoxaron ós exipcios.
Virán prostarse ante ti os fillos dos que te oprimiron, e prostaranse ante a planta dos teus pés todos os que te desprezaron, e chamaranche "Cidade do Señor", "Sión do Santo de Israel".
Ninguén coma el en todos os sinais e prodixios, que o Señor lle mandou facer no país de Exipto contra o Faraón, contra os seus servos e contra o seu país.
Vas ver que che vou entregar algúns da sinagoga de Satán, dos que din que son xudeus pero que non o son, porque menten. Vas ver que os vou facer poñerse ós teus pés e recoñecerán que eu te amo.