Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 11:1 - Biblia SEPT

1 O Señor díxolle a Moisés: —"Vou mandar aínda unha praga sobre o faraón e o seu pobo. Despois vaivos deixar saír de aquí. Mellor dito, botaravos el mesmo de Exipto.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 11:1
11 Iomraidhean Croise  

Pero has de saber tamén que eu castigarei ó pobo que os escravice, e despois eles sairán con moitos bens.


Repós contra min as túas testemuñas, multiplicas cara a min a túa carraxe, a cotío renovas as tropas que me atacan.


A medianoite o Señor feriu de morte a todos os primoxénitos de Exipto, desde o primoxénito do faraón que senta no trono, ata o do prisioneiro que está no calabozo, e mesmo os primoxénitos do gando.


Pero eu alongarei a miña man e ferirei a Exipto. Obrarei alí moitos prodixios, e deixaranvos saír.


O Señor díxolle a Moisés: —"Agora verás o que vou facer co faraón. Forzado por man rexa, deixaravos saír e mesmo vos botará da súa terra".


Pois desta botarei todas as pragas enriba de ti, dos teus ministros, do teu pobo, para que saibas que non hai ninguén coma min en toda a terra.


E se me seguides facendo a contra e non me queredes escoitar, engadirei a todo isto sete veces máis para vos corrixir dos vosos pecados.


Ou intentou algún deus vir coller para si unha nación do medio doutros pobos, con castigos, con sinais e prodixios, con guerra, con man forte e brazo estendido, con terrores grandes, de maneira semellante a todo o que o Señor, o voso Deus, fixo no voso favor en Exipto ós teus propios ollos?


Os homes sufriron unha gran queimadura e comezaron a xurar contra o nome de Deus, que tiña na súa man o poder sobre estas pragas; pero non cambiaron os seus pensamentos para lle daren gloria a Deus.


Os filisteos preguntaron: —"Que ofrenda expiatoria lle podemos pagar?" Eles responderon: —"Cinco furunchos de ouro e cinco ratos de ouro, conforme o número dos príncipes dos filisteos, xa que a mesma praga vos aflixiu a vós e ós vosos príncipes.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan