9 Respondeulle Moisés: —"Iremos nós cos nenos e cos vellos, cos fillos e coas fillas. Levaremos tamén as ovellas e as vacas, pois celebramos a festa de Iavé".
O gando terá que vir connosco, sen que quede aquí nin unha uña, pois del temos que ofrecer culto a Iavé, o noso Deus. Nós non sabemos aínda o que lle habemos ofrecer; só o saberemos alí".
Eles faranche caso, e ti e mais os anciáns de Israel iredes onda o rei de Exipto e dirédeslle: Iavé, o Deus dos hebreos, veu ó noso encontro e agora temos que facer polo deserto unha viaxe de tres días, para ofrecermos sacrificios a Iavé, o noso Deus.
Moisés e Aharón presentáronse ó faraón para lle dicir: —"Isto di Iavé, o Deus de Israel: Deixa saír o meu pobo, para que celebre a miña festa no deserto".
Eles dixeron: —"O Deus dos hebreos chámanos. Déixanos facer polo deserto unha viaxe de tres días, para ofrecermos un sacrificio a Iavé o noso Deus, e que non nos fira coa peste ou coa espada".
E, se vos anoxa servir ó Señor, escollede hoxe a quen ides servir: se ós deuses que serviron vosos pais na outra banda do río, ou ós deuses dos amorreos, os da terra que habitades. Eu e mais a miña familia serviremos ó Señor".