5 Cubrirá a superficie da terra, de xeito que non se poderá nin ver o chan; comerá o resto salvado do pedrazo; rillará as plantas todas que crecen nos campos.
O Señor díxolle a Moisés: —"Estende a túa man sobre Exipto, e que entre a lagosta por todo o país, que coma a herba dos campos e o que quedou do pedrazo".
Cubría a superficie da terra, ata escurecela. Comeu a herba dos eidos e os froitos das árbores que quedaran do pedrazo. En todo o Exipto non quedou chisca de verde, nin nas árbores nin nos campos.
Aquilo que lle sobrou á larva devoradora, comeuno a lagosta que roe; e o que lle sobrou á eiruga que destrúe, comeuno o saltón voador, e o que lle sobrou ó saltón voador, comeuno a eiruga que destrúe.
Así compénsovos polos anos nos que as colleitas foron comestas pola eiruga que roe, a voadora, a que destrúe, e mais o saltón, o meu grande exército, que mandei contra vós.
Diante del un lume devora, detrás del un incendio consome. Antes del o país era coma un xardín de recreo, despois del, un deserto desolado, onde nin sequera haberá refugallo.