O gando terá que vir connosco, sen que quede aquí nin unha uña, pois del temos que ofrecer culto a Iavé, o noso Deus. Nós non sabemos aínda o que lle habemos ofrecer; só o saberemos alí".
Faime un altar de terra e ofréceme sobre el os holocaustos e os sacrificios de comuñón, as túas ovellas e as túas vacas. En calquera sitio onde eu faga o meu nome memorable, virei onda ti e bendicireite.